Unha viaxe instrospectiva

O LSD-25 (dietilamida de ácido lisérxico) é unha droga psicodélica da familia ergolina, coñecida polos seus efectos psicolóxicos, que poden incluír unha alteración do proceso de raciocinio, sinestesia, unha sensación do paso do tempo distorsionada e experiencias espirituais. Emprégase principalmente coma un entóxeno ou unha droga recreativa. O LSD non causa adicción nin é tóxico, pero pode inducir estados de ansiedade ou paranoia no usuario.

LSD-2D-skeletal-formula-and-3D-models.png

Descubrimento do LSD:

Este composto foi sintetizado por primeira vez en 1938 polo químico suízo Albert Hoffman nos laboratorios Sandoz de Basilea. Empezou investigando o fungo ergot (ou cornizó), o cal parasita principalmente o centeo. Buscando derivados do ácido lisérxico conseguiu sintetizar involuntariamente LSD, coa intención de obter un estimulante respiratorio e circulatorio (un analéptico). Nun primeiro momento non descubriu as propiedades do seu achado, polo que foi clasificado como inservible ata 5 anos máis tarde. En 1943, mentres Hoffman o estaba sintetizando de novo, absorbeu unha pequena cantidade accidentalmente a través das xemas dos seus dedos e percibiu os seus intensos efectos.

Para velo máis en profundidade:

Uns días máis tarde, decidiu levar a cabo un experimento utilizándose a si mesmo como suxeito de probas para determinar os verdadeiros efectos da droga. Inxeriu 250 microgramos da mesma, predicindo que sería o límite dunha dose (agora sábese que son 20 microgramos). Menos dunha hora máis tarde, Hoffman empezou a notar cambios na súa percepción. Pediulle ao seu asistente de laboratorio que o levara a casa, pero como o uso de vehículos motorizados estaba prohibido por restricións de guerra, tiveron que viaxar en bicicleta. Durante o traxecto, Hoffman empezou a padecer os efectos, que se traduciron en sentimentos de ansiedade e de perda da cordura. Cando chegou a casa non detectou ningunha anomalía física, agás as pupilas excesivamente dilatadas.

A primeira viaxe con LSD demostroulle a Hoffman que realmente fixera un descubrimento significativo, unha substancia psicoactiva cunha potencia extraordinaria, capaz de causar cambios da consciencia en doses incriblemente baixas. Vaticinou que sería unha potente ferramenta no ámbito da psiquiatría, debido á súa intensidade e natureza introspectiva. Non podía imaxinarse que alguén a usaría con fins recreativos.

Efectos e riscos:

Os primeiros síntomas aparecen entre 30 e 90 minutos despois da súa administración e poden durar de 7 a 12 horas. Principalmente, os efectos físicos que se amosan son: dilatación das pupilas, aumento da temperatura corporal, aumento da frecuencia cardíaca e da presión arterial, sudación, inapetencia sexual, insomnio, sequidade de boca e tremores.

Son máis salientables as consecuencias psicolóxicas, que dependen segundo a cantidade inxerida. Poden ir dende pequenas distorsións na percepción ata alucinacións e desconexións da realidade. En algúns casos pode chegar a producirse un fenómeno coñecido como sinestesia, no cal os sentidos se cruzan. A experiencia persoal con esta droga depende tamén de factores externos, coma as persoas que a rodean, o lugar e o momento .

Por outra parte, o risco máis destacable é a posibilidade da perda do control emocional , ansiedade ou pánico. Tamén pode producir alteracións psiquiátricas graves, como cadros de ansiedade e psicoses ou incluso derivar nun trastorno crónico como é a esquizofrenia.

Vídeo simulando os efectos que produce a inxesta de LSD:


Laboratorio de LSD:






 

Publicado en Materia CCMCO | Deixa un comentario

Nova vida, mesmo ser

A clonación é a acción de reproducir un ser de xeito perfecto no aspecto fisiolóxico e bioquímico a partir dunha célula orixinaria.

Historia da clonación

A primeira clonación levada a cabo con éxito no mundo animal foi realizada no ano 1952, a partir do óvulo dunha ra, por científicos da Universidade de Pennsylvania, que tras o éxito acadado proseguiron coa clonación de ratos.

Máis tarde, en 1991, o Dr. Wu Ming-Che de Taiwan conseguiu clonar 5 porcos dunha especie en extinción, aínda que só cun 90% de similitude.

Finalmente, en 1996, Ian Wilmut leva a cabo a clonación dunha ovella, chamada Dolly. Este feito destaca principalmente porque a reprodución non se produciu a partir dunha célula embrionaria, senón que se trataba dunha célula altamente especializada.

No mundo existen máis de 300 mamíferos clonados coa mesma técnica que deu lugar a Dolly. Un tercio son vacas, ovellas e cabras, e o resto ratos. Agora estase a investigar con primates e cans tamén. Non obstante, a comunidade científica aínda non se recuperou do seu abraio ao contemplar que a partir da célula dun animal adulto pódese obter outro exemplar practicamente igual.

Como é posible a clonación?

Un individuo está formado por millóns de células, con aspectos e funcións moi diferentes. Con todo, todas elas teñen algo en común: o ADN. Cada célula contén toda a información sobre como é e como se desenvolve todo o organismo do que forma parte.

Isto débese a que todas as células derivan dunha célula inicial, o embrión unicelular ou cigoto. Esta célula peculiar, que é xa unha nova vida, obtense de forma natural pola fusión das células reprodutoras, cada unha das cales aporta a metade do material xenético (a metade dos planos). No cigoto temos xa a información de como vai ser o novo organismo. A partir dese momento esa información irase convertindo rapidamente en realidade por dous procesos: a división celular e a especialización das células.

O cigoto empeza dividíndose en células que, á súa vez, volven dividirse. Así o embrión vai crecendo, mediante a bipartición. En cada división faise unha copia do ADN presente ao inicio (fotocopias dos planos), para que cada célula teña a información de como é todo o individuo. Millóns de divisións despois, teremos un organismo desenvolvido composto de millóns de células que contan con toda a información, a mesma que contén o cigoto.

Conforme aumenta o número de células estas van especializándose e adquirindo distintas funcións. Nas primeiras etapas da vida do embrión as células que o constitúen non teñen unhas características concretas, é dicir, están pouco especializadas, pero por eso mesmo teñen moita potencialidade: son capaces de transformarse en calquera tipo celular, ou incluso, nas primeiras etapas, de dar lugar a un novo organismo. No organismo adulto, pola contra, as células teñen funcións ben definidas e perden potencialidade. Esta especialización ou diferenciación celular, ven determinada polo uso do ADN: cada célula emprega só a parte do ADN que corresponde á súa función. De modo que, aínda que cada célula conteña a totalidade da información, só emprega a parte que lle corresponde.


Non obstante, ás células reprodutoras son unha excepción a todo o anterior, xa que o seu ADN non é igual ao resto do organismo. Contan coa metade de moléculas de ADN, para que ao fusionarse coas aportadas pola outra célula reprodutora den lugar a unha dotación xenética completa. Así mesmo, cada célula reprodutora dun mesmo organismo recibe unha metade diferente do ADN característico dese individuo. Esa é a orixe da diversidade na reprodución sexual e a razón pola que calquera embrión producido  pola fecundación é unha incógnita, pois non se coñecen as súas características ata que medre.

Tendo esto en conta, calquera célula do organismo adulto (somáticas, non reprodutoras) pode servir teoricamente para obter un novo ser vivo das mismas características. O único que hai que conseguir é que unha célula exprese a súa información xenética, se poña en funcionamento e produza outro ser. Polo tanto, clonar  consiste en reprogamar unha célula somática para que comece o programa embrionario. Unha vez comezado o seu desenvolvemento habería que implantala nun útero, xa que de momento non é posible que os embrións se desenvolvan fóra dun útero.

Do mismo xeito, na actualidade disponse da tecnoloxía axeitada, tanto para conseguir que as células vivan e medren fóra do corpo, mediante as chamadas técnicas do cultivo celular, como para implantar con éxito embrións xerados in vitro.

A clonación de seres humanos

Tras o nacemento de Dolly, en toda a comunidade científica xerouse un debate sobre a posibilidade de clonar seres humanos. Nun principio, debido á proximidade biolóxica da nosa especie coas ovellas, poderíase supoñer que si, polo que a polémica situaríase nun contexto ético.

En xeral, existe un rechazo por parte da meirande parte dos científicos cara á clonación, principalmente por razóns prácticas: baixo porcentaxe de éxito, posibilidade de enfermidades ou alteracións… Non obstante, mesmo se o éxito da clonación estivese garantizado nun 100%, existen diversos motivos antropolóxicos que rexeitan a clonación:

  • O ser clonado sería seleccionado por outra persoa, que decide cales van ser as súas características biolóxicas.
  • O ser clonado sería xerado cun fin, polo que as consecuencias psicolóxicas desa presión serían imprevisibles.
  • Este ser carecería dunha familia.

Non obstante, o que si aproban case todos os científicos é outro tipo de clonación, que non ten un fin reprodutorio, senón terapéutico. Esta consiste en combinar a técnica de clonación coa de obtención de células nai embrionarias, para curar adultos que tivesen unha enfermidade que puidese resolverse mediante transplante celular.

 




Publicado en Materia CCMCO, Xenética | Deixa un comentario

Do xeo á vida

En España cóntase con  500.000 embrións conxelados que permanecen  nun “limbo lexislativo” podendo ser destinados á súa destrución, donación a parellas con problemas de fertilidade ou á investigación. Este debate sobre a situación de embrións criopreservados tivo lugar no IV Simposio Internacional de Reproducción Asistida, que reuniu no Palacio de Congresos de Madrid a uns seiscentos expertos nacionais e internacionais.

O doutor Miguel Casares (médico e político galego), coordinador de Trasplantes e presidente no Comité de Ética Asistencial do Hospital Universitario de Xetafe, afirma que as instalacións e o mantemento destes embrións son altamente elevados e deben ser considerados para tomar unha decisión sobre o seu futuro.

Cando falamos de medicina rexenerativa, as clínicas especializadas en células nai deste país optan por vías distintas ás embrionarias sempre que sexa posible, debido, principalmente, ás grandes dificultades éticas, as cales se agravan se son producidos máis embrións dos que se prevé transferir. Ademais a técnica empregada de conxelación e desconxelación, chamada crioconservación e aos que se ven sometidos os embrións fan que moitos sexan dañados e descartados no proceso.

Fertility and Sterility

A revista inglesa Fetylity and Stwerility publica na súa edición de Xulio de 2014, catro traballos que analizan as diferentes circunstancias que afectan ao complicado proceso da obtención de embrións e a súa utilización nos ciclos de fecundación in vitro.

Son analizados os procesos de hiperestimulación ovárica, co fin de obter ovocitos que serán fecundados no laboratorio, e a conveniencia de usar os embrións obtenidos para a súa transferencia no mesmo ciclo no que foron obtidos ou ben conxelalos por diferentes métodos e transferilos posteriormente.

Á luz dos datos transferidos nestos traballos, parece que as probabilidades de éxito para lograr un embarazo varían segundo se elixa un o outro método. A saúde do neonato pode verse tamén condicionada polo método de fecundación invitro elexido, factores todos eles que plantean un dilema clínico, pero sobre todo, ético.

O primeiro paso no proceso dunha fecundación in vitro consiste na obtención de óvulos, ben da futura nai ou dunha doante, que serán fecundados posteriormente no laboratorio.

A necesidade de traballar con varios deles para incrementar as posibilidades de éxito no proceso de fecundación asistida, obriga a provocar unha ovulación múltiple na muller, mediante a administración de fármacos como o clomifeno. Estes tratamentos non só provocarán que proliferen varios folículos ováricos nos que madurarán outros tantos ovocitos, fin que se persegue, senón que articularán unha serie de cambios que incidirán no proceso implantatorio posterior, comprometendo o seu éxito. Presentan, ademais, efectos secundarios que poden chegar a ser graves, como trastornos tromboembólicos, algúns tipos de cancro ou, mesmo, a morte.

Estes cambios son, fundamentalmente, niveis elevados de estróxenos e incrementos na concentración plasmática de proxesterona durante a super-ovulación, que ocasionarán cambios na receptividade endometrial, na expresión de determinados xenes implicados na progresión do proceso implantatorio e embarazo, e na proliferación vascular do endometrio, mediada polo Factor de crecemento vascular endotelial (VEGF) alterándose o período no que o endometrio resultará receptivo á implantación do blastocisto. Así mesmo, foi descrita tamén unha relación entre os niveis de proxesterona e o establecemento dunha contorna inmuno-tolerante materno-fetal, que resultará crítico para a progresión do proceso implantatorio e do embarazo, no que ven implicados múltiples factores, entre os que cabe destacar o papel das células Natural Killer (NK). O número destas células NK uterinas vese significativamente reducido no caso de mulleres sometidas a tratamento de estimulación ovárica, comparadas cos niveis de ciclos normais.

A CRIOCONSERVACIÓN

Se o embrión fresco non é transferido tras a súa produción no laboratorio, faise necesario proceder á súa conxelación para ser utilizado posteriormente. Basicamente existen dúas técnicas de conxelación que veñen sendo utilizadas até a data: a conxelación lenta e a vitrificación, ou conxelación ultrarrápida. A primeira vén utilizándose desde 1984, e en 1990 naceu o primeiro neno procedente dun embrión que fora vitrificado e desconxelado. As diferenzas entre ambos os métodos radican, ademais de en a velocidade en que se producen os ciclos de conxelación/desconxelación, nas concentraccións utilizadas dos chamados Axentes Crioprotectores (CPAs) as cales son máis baixas nos métodos lentos, que actúan como deshidratantes, tanto a nivel intra como extracelular.

Aínda que a crioconservación permite a transferencia embrionaria a posteriori, presenta tamén o importante inconveniente de producir alteracións nos embrións conxelados, que poden comprometer a súa viabilidade posterior. Distintos traballos estudaron a viabilidade destes embrións, tratando de establecer criterios de selección tras a súa desconxelación, para incrementar as posibilidades de éxito na súa posterior transferencia e implantación no útero da muller. Afírmase, nalgúns deles, que serían considerados viables aqueles embrións que presenten tras desconxelación polo menos a metade dos seus blastómeros intactos.

O exame microscópico do embrión tras desconxelación, será o método de selección/descarte daqueles que serán ou non transferidos. Enténdese que os embrións desconxelados e descartados son definitivamente eliminados, extremo de elevada transcendencia desde o punto de vista ético.

Esta selección embrionaria tras a crioconservación e desconxelación, parece incrementar as taxas de éxito en canto a embarazos a termo obtidos por embrión implantado, pero reduce o número de embrións disponibles(moitos son descartados) e encarece e dilata o proceso de fecundación in vitro.

No entanto, afírmase nalgúns traballos que podería ser indicado proceder á conxelación de todos os embrións obtidos, no canto de tratar de transferilos en fresco. As vantaxes esgrimidas serían a existencia de endometrios máis receptivos nas mulleres que non son sometidas a tratamentos de hiperestimulación ovárica  no mesmo ciclo menstrual en que se realiza a transferencia embrionaria, a mellor saúde dos nados procedentes de embrións transferidos tras crío preservación respecto dos procedentes de embrións frescos, e maior incremento nas taxas de éxito das transferencias de embrións crioconservados respecto dos transferidos en fresco. A día de hoxe, a diferenza do que ocorría até agora, as taxas de éxito de ambos os métodos igualáronse.


(ADoutora Marisa Lópe-Teijón explica cómo viven os embrións conxelados do laboratorio do Instituto Marqués)

VALORACIÓN ÉTICA

A produción de embrións no laboratorio, fóra da contorna natural onde debería darse, presenta xa dificultades éticas. Estas agrávanse se son producidos máis embrións dos que se prevé transferir. Aqueles sobrantes serán conxelados para ser transferidos posteriormente ou non, ou para ser utilizados con outros fins, como a obtención de células *troncales.

Pero ademais, a defendida crioconservación leva unha dificultade engadida, que é o dano que se inflinxe ao embrión que se ve sometido aos distintos procesos de conxelación/desconxelación, e que ocasionará que moitos deles deban ser descartados no proceso.

Se recoñecemos, como a ciencia confirma con meridiana claridade, que cada un destes embrións é un individuo da especie humana, parece que tratar a estes embrións como simples aglomerados de células, cos que se pode ensaiar, seleccionar e descartar, constitúe un atentado contra a súa dignidade, contra o que deben alzarse as voces da ética ben fundamentada, a que respecta a vida e busca a súa ben.

 



Publicado en Materia CCMCO, Xenética | Deixa un comentario

A ética das ciencias da vida.

O termo bioética pode dar pé a confusións e moitos emprégano de forma errónea como sinónimo de ética médica. Para recordar a súa definición nos seus inicios debemos remontarnos ó ano 1971 cando Van Rensselaer Potter o acuñou. Nel este autor englobaba a disciplina que combina o coñecemento biolóxico co dos valores humanos. Ó longo dos anos foron cambiando pequenos matices na súa definición ata chegar á actual. Agora, alude á rama da ética que se dedica a prover os principios da conduta correcta do ser humano respecto á vida, tanto a humana coma a dos animais e vexetais, e ó ambiente no que poden darse as condicións aceptables para o desenvolvemento desta.


Ademais, temos que ter en conta que non trata unicamente cuestións morais do ámbito da biomedicina senón que inclúe aspectos epistemolóxicos e ontolóxicos. Podemos dicir que se trata dunha ética laica, racional, pluralista e mínima. É dicir, que se centra nun ámbito filosófico neutro sen facer alusións a aspectos mais unificadores, como pode ser os de tipo relixioso.

Así mesmo, conta con catro principios básicos que a caracterizan. O de autonomía expresa a capacidade para impoñer normas sen ningún tipo de influencia e conta cun carácter imperativo. O de beneficencia consiste en actuar en beneficio de outros aínda que non contemos coa súa opinión, o que prima é o seu benestar. O de non maleficencia recolle que quedan excluídas prácticas que danen ou prexudiquen a outros. O de xustiza, indícanos que debemos tratar a todos por igual para reducir as situacións de desigualdade. Á súa vez, este principio divídese en dous, o formal e o material.

Con todo, debemos saber que existen diversas correntes como por exemplo a personalista, a consensualista, a clínica, a social e a transdisciplinar. Todos elas seguen os principios básicos da bioética pero cada unha resalta algún aspecto no que queren facer énfase, o que a identifica.

Finalmente, esta rama é a que se encarga de que ningún novo avance médico atente contra a dignidade humana,  protexendo a nosa integridade.facer énfase, que é o que a identifica.

Publicado en Materia CCMCO, Xenética | Deixa un comentario

Enxertos de pel

Un transplante ou enxerto é un tratamento médico que consiste en trasladar órganos, tecidos ou células dunha persoa a outra. O órgano transplantado reemplaza e asume a función do órgano danado do receptor, salvándolle a vida ou mellorando a calidade de vida.

A pel é un órgano de revestimento externo do corpo humano. É responsable da protección do organismo contra o medio externo.

Un enxerto de pel é un parche cutáneo que se extrae quirúrxicamente dun área do corpo e se transplanta ou se pega a outra área.

Os enxertos de pel realízanse a través de anestesia xeral . Tómase pel sá dun lugar do corpo (sitio doante). A maioría das persoas que se somenten a un enxerto de pel practicaselle un enxerto de grosor parcial, no cal se toma pel das dúas capas cutáneas superiores do sitio doante (epiderme) e da capa por debaixo da epiderme (derme). O sitio pode ser calquera área do corpo, a maioría soe ser nas nádegas ou na parte interior do muslo.

O enxerto exténdese con coidado na área descuberta donde se vai a transplantar e sostense no lugar, xa sexa presionando suavemente cun vendaxe groso que o recobra ou por medio de grapas. A área doante cóbrese cunha vendaxe estéril.

As persoas que sofren unha pérdida de tecido máis profundo poden necesitar un enxerto de pel de grosor total. Require o groso completo da pel do sitio doante e non só as dúas capas superiores.

O enxerto de pel de grosor total é complicado. O colgaxo da pel do sitio doante abarca os músculos e rego sanguíneo que se transplantan a área do enxerto. Os lugares doantes comúns inclúen a caixa torácica, costas ou a parede abdominal.

As persoas que teñen que someterse a iso é debido a que a persoa sufriu unha infección, iso provocou a perdida de pel; queimaduras; cancro de pel; feridas moi grandes; úlceras venosa ou úlceras diabéticas que non sanan.

Os riscos da anestesia son:

Os riscos da cirurxía son:

Antes do procedemento de transplantar a pel, o pacente debe decirlle ao médico se está tomando algún medicamento. Os días antes da cirurxía, o paciente non pode tomar fármacos que dificulten a coagulación do sangue; preguntarlle que medicamentos debe tomar e se o paciente fuma, debe deixalo.

Se o pacente ten diabetes, ten que tomar os medicamentos como de costume.

No día da cirurxía, non se pode comer nin beber durante 8 ou 12 horas antes da cirurxía e tamén debe tomar os medicamentos que lle recomendaron.

Despois da cirurxía, o enxerto de pel debe protexerse contra trauma, é dicir, non pode levar ningún golpe ou estiralo moito, durante 2 ou 3 semanas aproximadamente. Moitas persoas necesitan fisioterapia despois do enxerto pero eso depende da zona que se transplantou.

Os enxertos de grosor total necesitan un período de recuperación máis longo. A maioría das persoas con ese tipo de enxertos necesitan permanecer no hospital durante 1 ou 2 semanas.

Os novos vasos sanguíneos comezan a crecer ao cabo de 36 horas. A maioría son efectivos pero nalgúns casos (nos que sanan mal) é necesario un segundo enxerto.


Publicado en Enfermidades, Materia CCMCO | Deixa un comentario

O elixir da vida

A clonación é o proceso de producir poboacións xeneticamente iguais de individuos que ocorre na natureza en organismos coma bacterias, insectos e plantas, os cales se reproducen asexualmente. Nembargantes, pódese levar a cabo de xeito artificial en laboratorios para obter dous individuos idénticos desde o punto de vista xenético. Actualmente efectúase en animais, xa que ten moitos beneficios e non existen impedimentos éticos.

-Primeira clonación:

O primeiro  animal clonado exitosamente foi a famosa ovella Dolly. Esta foi creada en 1996 polos científicos do Instituto Roslin de Edimburgo (Escocia) a partir dunha técnica denominada Transferencia nuclear. Primeiro obtiveron unha célula diferenciada do individuo clonado a través dunha mostra de tecido da glándula mamaria. Despois, conseguiron un óvulo dunha femia doadora e posteriormente, eliminaron o núcleo do óvulo e introduciron o da célula diferenciada. Esta célula foi cultivada no laboratorio ata que alcanzou o estado de mórula, momento no que foi introducida no útero dunha nai receptora. Finalmente, tras o período de xestación, naceu a ovella Dolly.

Aplicación interactiva para entender a clonación en animais

 


-Beneficios para consumidores, granxeiros e especies en perigo de extinción:

-A clonación permítelle aos granxeiros e rancheiros acelerar a reprodución do seu gando máis produtivo para producir máis alimentos e máis saudables.

-Conséguense individuos máis sans, polo que se reduce o uso de antibióticos e substancias químicas ou hormonas de crecemento.

-Os consumidores benefícianse xa que a carne e o leite que obteñen sería máis saudable, consistente e segura.

-A maioría da comida obtida a partir da clonación será a partir dos descendentes dos clons, que se reproducen sexualmente.

– Pódese utilizar para protexer especies en perigo de extinción. Por exemplo, en China gardáronse células de panda.

Clonación como método para recuperar especies xa extintas: Insertan xenes de mamut nun elefante vivo

 


-Riscos e inconvenientes:

-Alta taxa de erros, a clonación de animais mediante a transferencia de células somáticas é simplemente ineficiente. A taxa de éxito flutúa entre o 0.1 e o 3%. Isto é debido ás seguintes razóns:

  • O óvulo enucleado e o núcleo transferido poden non ser compatibles.
  • Un óvulo cun núcleo transferido novo pode non empezar a dividirse apropiadamente.
  • A implantación do embrión na nai substituta pode fracasar.
  • O embarazo pode non desenvolverse correctamente.

-Problemas no desenvolvemento tardío. Os animais clonados que sobreviven adoitan ser de maior tamaño ao nacer. Os científicos denominan a este fenómeno LOS (Large Offspring Syndrome). Algúns clones con LOS presentan órganos anormalmente grandes, o que pode derivar en problemas de respiración ou na circulación do sangue. Como o LOS non chega a presentarse sempre, os científicos aínda non poden predicir se ocorrerá nun determinado clon.

– Expresión alterada dos patróns de xenes. Nun embrión creado de forma natural, o DNA está programado para expresar un conxunto de xenes específico. A continuación, mentres as células embrionarias empezan a diferenciarse, o programa cambia. Para cada tipo de célula diferenciada (da pel, sangue, etc.) este programa é distinto.

Sen embargo, na clonación, o núcleo transferido non ten o mesmo programa que un embrión natural. Depende do científico para reprogramar o núcleo. Un símil bastante acertado sería comparar isto con ensinarlle trucos a un can vello. Necesítase unha reprogramación íntegra para conseguir o desenvolvemento normal do embrión.

-Diferenzas teloméricas: coa división celular, os cromosomas vólvense máis pequenos, debido ás secuencias de DNA en ambos extremos dun cromosoma (telómeros) minguan en lonxitude cada vez que o DNA é copiado. Contra máis vello sexa un animal, máis curtos serán os seus telómeros, xa que as súas células teranse dividido moitas veces. É unha consecuencia natural de envellecer. Entón, que lle ocorre ao clon se o núcleo transferido xa é moi vello?

Cando os científicos buscaron respostas para isto non atoparon ningunha consecuencia clara. Os cromosomas de ratos clonados tiñan telómeros de maior lonxitude ca os concibidos de xeito natural. As súas células presentaban moitos signos de xuventude. Por outra parte, os cromosomas da ovella Dolly eran de menor lonxitude, o que implicou o seu envellecemento prematuro. Actualmente, non se sabe con seguridade a razón pola que os animais clonados presentan diferenzas na lonxitude dos telómeros.

http://learn.genetics.utah.edu/content/cloning/cloningrisks/images/telomeres.png

Publicado en Materia CCMCO, Xenética | Deixa un comentario

Os trasplantes: unha fonte de vida, unha segunda oportunidade

Un trasplante consiste en trasladar un órgano, tecido ou conxunto de células dun individuo (donante) a outro (receptor).

Existen diferentes tipos de trasplantes:

  • Autotrasplantes: nestes, o donante e o receptor son o mesmo individuo, e dáse en diferentes casos, coma no trasplante de pel.
  • Sinxénico:trasplante realizado entre individuos xeneticamente idénticos (xemelgos univitelinos)
  • Alotrasplante: esta situación dáse cando o doador e o receptor son da mesma especie, pero diferentes xeneticamente.
  • Xenotrasplante: trasplante no que o doador e o receptor pertencen a especies diferentes.

A continuación mostramos os órganos e tecidos que se poden doar:

  • Corazón (trasplante cardiaco): trátase dun procedemento terapéutico dirixido a unha poboación seleccionada de enfermos con miocardiopatía en fase terminal, totalmente incapacitante e fatal a curto plazo. Para que o receptor poida recibir este órgano, o doador deberá estar nunha fase coñecida como morte cerebral.
  • Pulmóns (trasplante pulmonar):a selección do receptor é un dos aspectos máis importantes. Dada a escaseza de doadores, o trasplante pulmonar debe reservarse só a aqueles pacientes cunha enfermidade pulmonar en fase terminal, e que teñan elevadas posibilidades de sobrevivir a largo prazo.
  • Fígado (trasplante hepático): en canto ao procedemento de trasplantes deste tipo, comeza cando o coordinador do hospital recibe o aviso da existencia dun doador potencial. Este, organiza a extracción cos equipos que vaian a intervir, fixando a hora da intervención e o tipo de extracción, conforme a validez do inxerto. Se o órgano se extrae completamente, o doador deberá atoparse en morte cerebral e non debe ter sufrido unha lesión hepática. Pola contra, se só se precisa una fragmento, o doador poderá estar vivo, xa que este órgano ten a capacidade de rexenerarse.
  • Ril (trasplante renal): é un tipo de trasplante no cal o doante pode estar vivo ou morto, xa que o corpo humano é capaz de sobrevivir cun só destes órganos. No caso do receptor, ao seren extirpado o ril danado, inseriráselle o outro nun lugar diferente (xeralmente na fosa iliaca, debido ao seu fácil abordaxe quirúrxico).
  • Córnea (trasplante de córnea): o doante será preferiblemente dunha idade comprendida entre os 5 e os 60 anos, xa que a córnea é moi fráxil e nos anciáns soe ter perdido moitas células endoteliais. Os ollos do doador deben ser extraídos precozmente tras a súa morte e conservados en frío a 4ºC nunha cámara húmida, previamente irrigada con suere fisiolóxico, e instalación dun colirio.
  • Páncreas (trasplante de páncreas): trátase dunha cirurxía para implantar un páncreas san nun paciente con diabete. Este tipo de intervención dalle unha oportunidade ao receptor para deixar de aplicarse as inxeccións de insulina. O doador débese atopar en morte cerebral e, á súa vez, con soporte vital.
  • Medula ósea (trasplante de medula ósea): antes de realizar este tipo de accións, débese levar a cabo un tipaxe de histocompatibilidade, o cal permite coñecer as características da medula. Logo de comprobar que existe unha compatibilidade do 100% entre doador e receptor, efectúase a extracción da medula. Este proceso realízase con anestesia xeral ou epidural, e consiste en varias puncións das crestas ilíacas ata conseguir suficiente cantidade de medula.
  • Pel (inxerto de pel): esta cirurxía prodúcese mediante anestesia xeral. Tómase pel sá dun lugar do corpo chamado sitio donante. A maioría das persoas que se somenten a este tipo de intervencións, practícaselles un inxerto de pel de grosor parcial, na cal a pel é tomada das dúas capas cutáneas (epiderme e derme).
  • Óso (trasplante de óso): consiste na resección masiva ou pasiva dun segmento óseo e a súa reposición por unha peza similar, provinte dun banco de ósos.


QUÉ É O QUE PENSA A XENTE DOS TRASPLANTES?

Atendendo a diversas enquisas, vese que a xente xove non ten problema en facerse doante, e isto débese á educación que reciben. As persoas de mediana idade teñen diversas ideas, e teñen máis medo a facerse donantes, porque cren que pode haber xente que os traten de matar para conseguir os seus órganos. Finalmente, os anciáns son os que máis reparo teñen á hora de doar. Tamén é certo que os seus órganos son os menos empregados debido a que son menos fiables e o seu rendemento é menor.

Publicado en Enfermidades, Materia CCMCO | Deixa un comentario

A contaminación condiciona a reproducción?

A inseminación artificial é todo aquel método de reprodución asistida que consiste no depósito de espermatozoides na muller ou femia mediante instrumental especializado e utilizando técnicas que emprazan á copulación, implantándose no útero, no cérvix ou nas trompas de Falopio, co fin de lograr a xestación.

A contaminación inflúe tanto na fertilidade masculina como na feminina aquí temos algúns exemplos de ámbolos dous casos.

Dous estudos diferentes no norte de Europa teñen alertado do potencial de impacto dos factores ambientais sobre a fertilidade masculina. O primeiro, realizado en pescadores Bálticos, altamente contaminados, descubriron que a exposición aos contaminantes organoclorados persistentes CB-153(carbón) e DDE poden afectar a distribución dos cromosomas sexuais no esperma. O segundo estudo mostra que, en Lituania están aumentando os casos de criptorquidia, unha condición que fai que un ou ambos os testículos non descenden ao escroto. A causa é atribuída a factores ambientais que poidan afectar ao desenvolvemento normal do sistema reprodutivo de fetos do sexo masculino.

A  contaminación ambiental e a exposición a tóxicos relacionase coa perda da fertilidade feminina en mulleres con menos de 40 anos, que acusan menopausa precoz que lles impide ser nais.

Esas mulleres aínda teñen un período, pero non serán capaces de ser nais porque foron radicalmente reducindo a súa reserva ovarica por mor das toxinas e contaminantes nun 80%.

A infertilidade nas mulleres con menos de 40 anos é atribuída un 20% a factores clásicos como xenética, enfermidades cromosómicas, enfermidades autoinmunes, endometriose e quimioterapia e radiación, mentres que o 80% restante débese a dioxinas, pesticidas, tabaco , chumbo, hidrocarburos aromáticos, proxectos policromos e desrreguladores estroxénicos.

Na realidade, esa perda de fertilidade feminina moitas veces comeza no útero. Tal e  como se explica polo xefe de Reprodución Asistida Instituto Marques, Marisa López-Teijón, ” “Aos cinco meses o feto (rapaza) xa ten toda a reserva ovarica e se na graxa da nai acumúlanse moitos tóxicos esta reserva é menor e de calidade inferior “.

Estes factores poden ser a principal causa de que actualmente se recorra máis á inseminación artificial, xa que o non se poder reproducir polo método natural hai que recorrer a outros métodos.

Publicado en Enfermidades, Materia CCMCO | Deixa un comentario

O risco de sufrir alzhéimer e párkinson podería detectarse na pel

Así o afirma o último estudo desenvolvido polo Hospital Central de San Luis Potosí (México) que, a falta de ratificar os resultados, propoñen que unha simple biopsia da pel do doente serviría para diagnosticar de forma precoz, sinxela e efectiva, enfermidades neurodexenerativas tan coñecidas como o alzhéimer e o párkinson.

“ As enfermidades neurodexenerativas caracterízanse por presentar alteracións na estrutura e a función de varias proteínas”, explica Sinc  Ildefonso Rodríguez Leyva, especialista que lidera a investigación. Ao ter unha orixe común xa desde a formación do embrión, “as células da pel e as neuronas deben expresar proteínas comúns”.

Este foi o punto de partida para probar a hipótese de que os depósitos das proteínas tau nas neuronas poderían encontrarse tamén na pel. Por iso, contaron coa participación de 20 persoas con enfermidade de Alzhéimer, 16 con Párkinson e 17 con demencia provocada por outra enfermidade e un grupo de control de 12 persoas saudables.

O análise das mostras de pel de todos eles revelou que tanto os pacientes diagnosticados con alzhéimer como os de párkinson presentaban niveis sete veces máis elevados da proteína tau que os demais voluntarios do experimento.

A enfermidade do Alzheimer, tamén denominada mal de Alzheimer ou demencia senil, é unha enfermidade neurodexenerativa que se manifesta como deterioro cognitivo e trastornos conductuais. Caracterízase porla inmediata perda da memoria e outras capacidades mentais, a medida que morren as neuronas e se atrofian diferentes zonas do cerebro. A enfermidade adoita ter unha duración media aproximada despois do diagnóstico de 10 anos, aínda que esto pode variar en proporción directa coa severidade da doenza ao momento do diagnóstico.

A enfermidade do Parkinson, tamén coñecida como Parkinsonismo idiopático ou parálise axitante, é un trastorno neurodexenerativo crónico que conduce co tempo a unha incapacidade progresiva, producida a consecuencia da destrución, por causas que aínda se descoñecen, das neurona pigmentadas da sustancia gris. Frecuentemente clasifícase como un trastorno do movemento, pero tamén desencadea alteracións na función cognitiva, na expresión das emocións e na función autónoma.


                       

 

 

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

A Crise e o Colesterol

Crise económica

A crise económica española é un tema moi tratado nestes últimos anos. Para comezar a falar disto, necesitaremos saber que é unha crise económica. Coñecese crise económica como unha etapa de grandes perturbacións que relacionadas entre si, potencian a reducción da produción.

Polo que podemos dicir do inicio da crise, débese en gran parte por unha sobrepoboación de autopistas, pobos e urbanizacións fantasmas; así coma tamén unha enorme burbulla inmobiliaria.

As causas desta crise débense a:

  • Débiles perspectivas de crecemento.
  • Dependencia de créditos.
  • Gobernos rexionais en apuros.
  • Crecente indignación dos habitantes.

(Aínda así, as causas son moitas e moi variadas polo que non as poderíamos agrupar neste artigo.)

Referíndonos ás consecuencias da crise,

– altos niveis de desemprego que crean un crecente desagrado na poboación.

– búsqueda de traballo, por parte da poboación, noutros paises.

– Poboación infantil perxudicada ao poder encontrarse nun mal ambiente.

Tamén podemos destacar: baixada do turismo, indecisión dos inversionistas, desconfianza social, migración, …

Colesterol

O colesterol é un esterol (lípido) que se encontra nos tecidos corporais e no plasma sanguíneo dos vertebrados.

A fórmula molecular do colesterol é C27H46O, o seu aspecto son pos cristalinos brancos, a súa densidade é de 1,052 g/cm3.

O exceso de colesterol no torrente sanguíneo provoca que se deposite en forma de placas nas arterias. As placas provocan a arteoesclerose e o conseguinte estreitamento das arterias. Se a arteria que se obstrue pertence o sistema coronario producirase un infarto de miocardio. No cerebro, un excesivo estreitamento dalgunha arterias pode provocar apoplexía.

O gasto en alimentación para o consumo no fogar ascendeu en 2007 a 62.992 millóns de euros. Os productos que máis se consomen son o pan, a carne, o peixe e a bollería. Tanto o pan coma as galletas, bollería e pastelería son alimentos demandados por un porcentaxe notable de fogares, por tanto, aparecen no consumo alimentario. Nos fogares o pan ten unha participación do 6,5% e a bollería, pastelería, galletas e cereais consta dun 3,9%. En térmos de  consumo de cada español, 42,8 kilos corresponden ao pan e a bollería corresponde ao 12,5 kilos.

O total de bollería que se consome en todo o ano é de  558.841 kilos  e os gastos son de 2.440.860,19 miles de euros en todo o ano.  Supón un gasto de 54,7 euros por persoa e un consumo de 12,5 kilos.

Nun fogar con 5 ou máis persoas o consumo é de un –15% y un –21%. Tamén depende do nivel de ingresos, nos de categoría baixa consomen unha cantidade inferior a media (-6% en pan y -22% en bollería). Sen embargo, nos fogares de categoría alta e media-alta o seu consumo é do 2,6 e 23,7%. A existencia de nenos no fogar convértese nunha circunstancia negativa para o consumo de pan e bollería, sobre todo se son menores de 6 anos (–37% e 17%), porto que as desviacións positivas aparecen na categoría de fogares sen nenos(23% en pan y 7,8%). A repercusión da idade inflúe na compra de bollería. Canto maior en idade é a persoa que realiza as compras maior é o consumo deses productos- en consecuencia, as desviacións máis negativas céntranse en aqueles lugares onde as efectúa unha persoa menor de 35 anos (–41% en pan e –13% en bollería) e as desviacións máis positivas se observan nas familias onde compra unha persoa maior de 65 anos (26% en pan e 5% en bollería).

A crise empeora a dieta, a xente consome máis comida rápida e cómese menos froita, consómese máis bollería, pan, patacas,.. A comida rápida ou a comida basura, o consumo dese tipo de alimentación débese a facer un tipo de comida rápida, aínda que as compañías baixaron os prezos dos seus menús debido en que no seu momento houbo pouca demanda debido a crise económica. Este tipo de comida, ao ser consumida doamente teñen un elevado poder de colesterol.

En conclusión, a comida rápida é mala porque ten moitas calorías, pouco valor nutricional e conteñen aditivos. Ademais, ese tipo de comida perxudica a tua saúde e produce enfermidades, como por exemplo un infarto de miocardio, obesidade, colesterol,..

A maioría das persoas consume ese tipo de comida debido a que é máis rápida e a falta de tempo. Estados Unidos é un dos lugares onde se consume máis comida basura e onde hai máis obesidade. Nos institutos e colexios de todo o mundo intentan facer que os rapaces coman sano para que non teñan problemas de saúde e intentar facer que se interesan no deporte porque axudate na saúde e estudos.

Vídeo colesterol

Publicado en Enfermidades, Materia CCMCO | Deixa un comentario