Os avances tecnolóxicos do s.XXI

 

O século XXI, iniciado no ano 2001 e que prosegue ata os nosos días, é caracterizado como a época dos avances , en todos os campos imaxinables, e da expansión da dixitalización. Do mesmo xeito, tamén se trata da época da información porque estes medios de transmisión  teñen unha gran importancia na sociedade contemporánea xa que exerce unha gran presión sobre todos nós.

Algúns dos fitos máis salientables desta nova era son os tecnolóxicos, como o emprego de teléfonos móbiles, internet de banda ancha, a aparición de redes sociais, etc; estes cambios son os máis importantes da primeira década dos nosos días, sen embargo nesta segunda comezan a aparecer moitas e rompedoras ideas; observemos algún exemplo:

  • Próteses biónicas: trátase dun novo tipo de próteses que , mediante unha conexión ao cerebro, permite que o individuo poida realizar movementos completamente naturais como se se tratase do seu membro orixinal.
  • Baterías de aluminio para móbiles: encontrámonos co perfecto substituto das actuais batería para móbiles de ión-litio, xa que estas desfrutan dunha gran rapidez de carga, o que lles permitirá cargarse totalmente en pouco máis de un minuto, así disporían dun maior ciclo de carga, é dicir que podremos empregala máis veces que unha convencional, proporcionando aos consumidores unha gran vantaxe á hora de ter o seu teléfono portátil totalmente cargado a todas horas.
  • As TIC na sanidade: as Tecnoloxías da Información e da Comunicación permitirían un gran avance en sectores estratéxicos como o da sanidade. Deste xeito, dentro de uns cantos anos, non precisaremos ir ata a consulta do médico fisicamente, xa que co avance da tecnoloxía, podremos asistir á consulta virtualmente, o que facilitaría a axuda médica a moitos lugares , e países, con dificultades de acceso.
  • IA (intelixencia artificial): entendemos por Intelixencia Artificial aqueles instrumentos , que feitos polos seres humanos, posúen un certo nivel de intelixencia, que a miúdo aplicamos aos computadores, aínda que tamén se lle pode aplicar ás distintas máquinas creadas á imaxe e semellanza do home.
  • Coches Eléctricos: trátase dun tipo de vehículos especialmente adaptados para funcionar cun motor totalmente eléctrico, desta maneira, pódese axudar ao medio ambiente pois non precisa de ningún tipo de combustible para funcionar, todo o contrario, só precisa dun cable conectado á rede eléctrica para volver a recargarse e proseguir co camiño. Moitas marcas de automóbiles clásicos estanse adicando ao desenvolvemento deste novo tipo de autos para ofrecer aos consumidores un xeito menos contaminante de transporte.

tic na sanidade

Finalmente, podemos concluír que nesta década e media do s.XXI os avances tecnolóxicos que realizaron alguns investigadores , como aqueles que mencionamos anteriormente,  poden axudar notablemente ao desenvolvemento de certas necesidades básicas en lugares remotos, facilitar a vida a persoas con certas discapacidades ou enfermidades, ou simplemente por mera comodidade; desta maneira avanzamos para obter , supostamente, unha mellor sociedade.

Deixámosvos un vídeo onde poderedes visualizar algúns dos inventos mellor calificados deste ano 2015:

 

 

 

 

Neste enlace poderedes botarlle un ollo a un artigo sobre as baterías de aluminio para teléfonos móbiles e tabletas:

http://es.gizmodo.com/llegan-las-baterias-de-ion-aluminio-seguras-duraderas-1696028108

Esta entrada foi publicada en Evolución. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta