Intolerancia á lactosa?

As alerxias alimentarias e as intolerancias alimentarias poden cursar con síntomas similares, pero trátase de dúas acepcións que difiren considerablemente entre si. As intolerancias alimentarias, como a intolerancia á lactosa e a enfermidade celíaca, poden facer que unha persoa se atope mal. Pero as alerxias alimentarias, non só poden facer que alguén se atope mal senón que poden ocasionar reaccións de risco fatal.

Unha alerxia alimentaria ocorre cando o sistema inmunitario do organismo, que normalmente loita contra as infeccións, interpreta que determinado alimento é un invasor. Isto provoca unha resposta desproporcionada por parte do sistema inmunitario: a reacción alérxica, na cal o organismo libera unha serie de substancias químicas, como a histamina. Esta reacción pode ocasionar síntomas como: problemas respiratorios, opresión de garganta, tos, rouquén, vómitos, dor de estómago, urticaria, inflamación ou disminución da tensión arterial.

Unha persoa afectada por unha alerxia alimentaria debe evitar por completo o alimento problemático e levar sempre enriba un inxectable de adrenalina (epinefrina).

Contrariamente, moitas persoas que padecen intolerancia alimentaria poden inxerir cantidades reducidas dos alimentos problemáticos sen problemas.

Por unha parte, a intolerancia á lactosa (azucre do leite),que é un disacárido formado por unha molécula de glucosa e outra de galactosa. Esta é moi común e afecta ao 75% da poboación en todo o mundo. Ademais, existen certos grupos étnicos máis propensos a padecer esta afección.


Por outra parte, a intolerancia á lactosa pode ser hereditaria (primaria), cando se produce unha deficiencia de lactasa, que se herda de forma recesiva, isto é, é necesaria a presenza de dúas copias dun xen anormal para padecer o transtorno. Este tipo de intolerancia, maniféstase fundamentalmente nos adolescentes, aínda que pode aparecer antes dos sete anos, xa que a inxesta de leite é vital durante a infancia.

Tamén pode ser adquirida ( secundaria ), cando está presente no momento do nacemento. Ten a súa orixe nun dano da mucosa intestinal ou nunha redución da superficie de absorción. É habitual en nenos prematuros. Os síntomas evidéncianse coa inxesta de leite, e consisten en diarrea acuosa, dor abdominal e irritabilidade, e resólvense ó suprimir a lactosa da dieta.

Como consecuencia, poden aparecer varios síntomas:

  • Náuseas
  • Inchazón abdominal
  • Dor abdominal
  • Gases
  • Diarrea
  • Pérdida de peso

Non obstante, para diagnosticar se padecemos intolerancia á lactosa existen varios métodos, aínda que o máis frecuente é eliminar a lactosa da dieta e comprobar se os síntomas desaparecen.

  • Test de intolerancia á lactosa
  • Test respiratorio de hidróxeno
  • Test de acidez en deposicións
  • Biopsia intestinal
  • Diagnóstico diferencial para evitar confusións entre padecer intolerancia á lactosa ou síndrome do intestino irritable.

Non obter leite na alimentación pode levar a unha carencia de calcio, vitamina D, riboflavina e proteína. Un precisa de 1,000 a 1,500 mg de calcio cada día, dependendo da súa idade e sexo. Algunhas medidas que podemos tomar para obter máis calcio na dieta son:

  • Tomar suplementos de calcio con vitamina D. (Fale co médico respecto a cales escoller).
  • Comer alimentos que teñan máis calcio: verduras de folla, ostras, sardiñas, salmón en conserva, camaróns e brócoli).
  • Beber zume de laranxa que conteña calcio agregado.

En conclusión, o máis importante é que se percibes a intolerancia, acudas ao médico, xa que el pódeche facer unha serie de probas para diagnosticar este padecemento e tratalo. Posteriormente, o nutriólogo prepararache unha dieta adecuada. Si xa dispós dun diagnóstico podes ver que ahora no mercado hai unha gran variedade de productos adecuados a esta enfermidade.

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta