A intelixencia está nos xenes?

Os parámetros que conforman a intelixencia, abarcando con este termo o conxunto de habilidades cognitivas ou intelectuais necesarias para obter coñecementos e utilizalos de forma correcta co fin de resolver problemas que teñan un obxectivo e unha meta ben descritos das personas, sempre foron motivo de investigación. Unha parte dos individuos adentrados neste labor decántase polos fundamentos xenéticos e outros polos factores ambientais.

Para comezar, os investigadores do Instituto de Psiquiatría do King’s College de Londres identificaron un xen relacionado con esta cualidade, ó que denominaron NPTN. Este afecta indirectamente á comunicación das células cerebrais a través da estimulación dunha proteína que se encarga da formación da corteza cerebral, tamén coñecida como materia gris. Dependendo do espesor desta última as nosas capacidades intelectuais serán diferentes.

Con mostras de ADN, resonancias magnéticas e test de intelixencia realizados a 1.583 adolescentes comprobouse que aqueles que contan cun xen NPTN con maior rendemento obtiveron un mellor resultado nesta capacidade. Pola contra, os mozos que presentaban unha variante xenética particular que afectaba de xeito negativo á expresión do  xen aludido anteriormente tiñan unha corteza máis delgada no hemisferio cerebral esquerdo. Como consecuencia alcanzaron uns peores resultados nas probas.

Outra investigación levada a cabo nas Universidade 6de Edimburgo e Aberdeen (no Reino Unido) adentráronse nun traballo que observa evolución da intelixencia coa idade. Eles aseguran que a porcentaxe de influencia dos xenes é moito menor ca dos factores medio ambientais. Neste estudo combináronse análises de ADN con test de intelixencia a 2000 personas na súa nenez e posterior vellez. Esto deixaba ver que aqueles que con 11 anos estaban por riba da media seguíano estando sendo anciáns. O propósito deste estudo é comprender por que unhas persoas teñen un desenvolvemento cognitivo máis óptimo que outras.

Ademais do material hereditario uns factores importantes son os medioambientais. Con estes aludimos á forma na que se crían os rapaces e a educación que reciben, a cultura na que se nace, o círculo de amigos e a alimentación. Estas características son especialmente importantes na adolescencia e xuventude posto que van estimular a curiosidade por aprender e adquirir coñecementos.

Todos estas investigacións contrastan ambos parámetros relacionándoos estreitamente. Algúns afirman que os xenéticos conforman o nivel máximo que pode alcanzar a intelixencia dunha persoa e os ambientais determinan se o individuo alcanzará ese límite. A proporción que lle atribúe a cada un deles non é unha porcentaxe ben definida.

Finalmente, cremos que a intelixencia está influencia por diversos factores xenéticos e non por un único xen. Ó mesmo tempo, estes poden ser máis ou menos explotados segundo as motivacións externas de cada ser. Así, se un individuo crece nun entorno no que lle inculcan que a educación é importante obterá un mellor desenvolvemento das súas capacidades.

5

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta