Un mundo con outras cores

O daltonismo trátase dun defecto xenético que ocasiona dificultade para distinguir as cores. A súa orixe vén dada polo matemático e químico John Dalton o cal padecía este trastorno.

O grado máis usual é o que provoca a confusión entre verde e  vermello; o máis grave é a falta de capacidade para distinguir calquera cor. Para saber se una persoa padece este trastorno pódense empregar tests visuais específicos, como as Cartas de Ishihara.

Este defecto hereditario trasmítese xeralmente por un alelo recesivo ligado ao cromosoma X. Se un varón hereda un cromosoma X con esta deficiencia, será daltónico. Porén, nos caso das mulleres, que poseen dous cromosomas deste tipo, so serán daltónicas se estes posúen a deficiencia. Por iso, esta enfermidade afecta aproximadamente ao 1,5% dos homes e ao 0,5% das mulleres.

daltonismo genetica

Tipos de daltonismo:

  • Acromático: é aquel no que o individuo ve en branco e negro (escala de grises). Este non percibe ninguna cor, ben sexa porque non ten ningún dos tres tipos de conos ou por razóns neurolóxicas. A porcentaxe de que una persoa padeza este tipo de daltonismo é de 1 entre 100000 persoas.
  • Monocromático: presentase cando únicamente existe un dos tres pigmentos dos conos e a visión da luz e a cor quedan reducidas a una única dimensión.
  • Dicromático: é un defecto moderadamente grave na cal falta ou padece una disfunción un dos tres mecanismos básicos da cor. Distínguense tres tipos:
    • Protanopia: consise na ausencia total dos fotorreceptores retinianos do vermello.
    • Deuteranopia: débese a ausencia total dos fotorreceptores retinianos do verde.
    • Tritanopia: é una condición moi pouco usual na que están ausentes os fotorreceptores da retina para a cor azul.
  • Tricomático anómalo: o afectado posúe os tres tipos de conos, pero con defectos funcionáis, polo que confunde una cor ca outra. É o grupo máis abundante entre os daltónicos.

visión

Diagnóstico:

Un dos métodos a través dos cales se diagnostica esta enfermidade é o comentado anteriormente (as Cartas de Ishihara).

Outro método é o test de Farnsworth, constituido por un conxunto de fichas coloreadas que se diferencian pola súa tonalidade e están numeradas no reverso. O paciente debe ordenalas segundo a graduación da cor.

Finalmente, tamén se pode empregar o anomaloscopio, un aparello que emprega cores espectrais obtidos mediante prismas, que descomponen a luz branca. O paciente debe comparar diversos tonos. Trátase dun dispositivo moi preciso que permite apreciar se exise déficit na visión da cor e a súa gravidade. O seu emprego está limitado polo seu coste.

En canto ao tratamento para o daltonismo, un neurobiólogo estadounidense deseñou unhas lentes que permiten detectar as contusións que son difíciles de ver a simple vista. Varias probas que se fixeron con elas, demostraron que estas lentes tamén serven para mellorar a percepción dos cores verde e vermello para os daltónicos. Debido a esta investigación, fabricáronse uns anteollos con filtros Oxy-Iso que fan que os daltónicos sexan capaces de mellorar a súa visión.

gafas2

gafas1

Visión coas lentes.

Nos seguintes videos, fanse comparacións entre a vista dunha persoa daltónica e outra que non o é pero, como ben vimos antes, hai varios tipos de daltonismo e, polo tanto, isto non quere dicir que todos vexan así.



Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta