O inimigo é forte

     O cancro actualmente é unha das enfermidades xenéticas máis comúns e unha das causas de falecemento nos seres humanos; denomínase cancro a un conxunto de enfermidades relacionadas. Na maioría dos casos esta enfermidade é producida por cambios nos xenes que controlan o funcionamento das nosas células , especialmente o seu crecemento e a súa división . É dicir, algunhas células do corpo comezan a dividirse sen deterse e disemínanse os tecidos próximos a estas.

Diferenza entre unha división normal e unha división cancerosa.

 O cancro infantil  afecta a nenos e adolescentes,  as súas causas son totalmente descoñecidasUn rapaz con esta enfermidade ten que ser diagnosticado con precisión e tratado por equipos de oncoloxía pediátrica. No caso dos nenos é un impacto moi grande o ter que cambiar os seus xogos por un hospital. E necesitan todo tipo de axuda tanto médica como psicolóxica para enfrontarse a este forte inimigo.

 

      Hoxe en día os tratamentos máis utilizados nos nenos son as cirurxías, empregadas normalmente para extraer o tumor , a diferenza das quimioterapias ou a radioterapias ,que destrúen e combaten a enfermidade a través de radiacións de alta enerxía, e nalgún caso o transplante de medula ósea. Por exemplo a leucemia, que é un dos cancros máis comúns nos nenos.Esta enfermidade afecta aos glóbulos brancos . As células sanguíneas ,que se forman na medula ósea axudan ó organismo a combater infeccións.Sen embargo, en persoas con leucemia , a medula ósea produce glóbulos brancos anormais. Estas células substitúen as células sanguíneas sans e dificultan que a sangue cumpra súa función.

Debémos ter en conta que ainda que unha gran procentaxe de nenos superan a enfermidade, exíste outra porcentaxe que non o consegue polo que temos seguir investigando, para lograr acabar con este inimigo tan poderoso.

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.