O Deus da guerra é o mesmo ca o da vida?

O planeta Marte, tamén coñecido como “planeta vermello” pola aparencia vermella que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie, é o cuarto planeta do Sistema Solar en canto a proximidade ao Sol. Foi descuberto aproximadamente 2000 anos a.C. por astrónomos exipcios. Posúe unha atmosfera delgada formada principalmente por dióxido de carbono (95%), nitróxeno (3%) e argon (1,6%), aínda que recentemente detectáronse pequenas cantidades de metano, o que sería un indicio da existencia dalgunha forma de vida en Marte.

Forma parte dos planetas telúricos, o que indica a súa natureza rochosa. En moitos aspectos é o planeta máis parecido á Terra. Ten unha forma lixeiramente elipsoidal. A súa masa é un 11% da terrestre, mentres que o volume é un 15% do terrestre, polo que a súa densidade é inferior á da Terra. Un corpo transportado a Marte pesaría un tercio na Terra, debido á súa forza gravitatoria, é dicir, poderiamos saltar tres veces máis neste planeta.


Xeoloxía

A ciencia que estuda a superficie de Marte denomínase areografía. Presenta características propias tanto da Terra coma da Lúa. Campos de lava, cráteres de distintos impactos, volcáns, canles secos de ríos ou dunas de areas. O seu contido é basicamente basaltos de orixe volcánico cunha porcentaxe elevada de óxido de ferro, semellante á limonita. Mentres que na Terra predominan os silicatos e aluminatos, en Marte o que prevalece son os ferrosilicatos. Os seus constituíntes principais son o osíxeno, o silicio e o ferro. Hai cráteres de impacto distribuídos por toda a superficie, aínda que no hemisferio sur atópase un vello altiplano de lava basáltica semellante aos mares da Lúa, sementada de cráteres de tipo lunar. Nembargantes, o aspecto xeral difire moito do que presenta o noso satélite debido á existencia da atmosfera. Unha gran parte dos cráteres máis recentes teñen unha morfoloxía que suxire que a superficie estaba húmida ou inzada de barro. En adicción, o campo magnético marciano detén unha polaridade invertida con respecto ao da Terra, cun valor de apenas 2 milésimas do terrestre.


Presenza de auga

Hoxe en día existe case exclusivamente en forma de xeo, cunha pequena cantidade presente na atmosfera como vapor. O único sitio onde o xeo é visible na superficie é na capa de xeo do norte polar. Actualmente, a auga líquida non pode permanecer en Marte debido á que a presión atmosférica é de 600 Pa e a temperatura media é de -63ºC, o que provocaría unha evaporación rápida (sublimación) ou un conxelación. Sen embargo, aproximadamente 3.8 miles de millóns de anos atrás, a súa atmosfera puido ser máis densa, cunhas temperaturas maiores, permitindo a aparición de vastas rexións de auga líquida. Actualmente varios materiais cunha estrutura hidratada suxiren o pasado de Marte coma un planeta que albergou grandes cantidades de auga. Estes son os filosilicatos e os sulfatos. Estudos da proporción isotópica de hidróxeno indican que asteroides e cometas por encima de 2,5 unidades astronómicas subministráronlle a auga.

Vida en Marte

Ao longo da historia especulouse sobre a vida no planeta vermello debido á súa proximidade e similitude coa Terra. A pesar das conxecturas, ata hoxe non se obtiveron probas contundentes. As investigacións modernas resaltan a busca de auga, biofirmas químicas na terra e marcadores biolóxicos na atmosfera. De momento so se pode afirmar que a súa habitabilidade é a maior entre os demais planetas do Sistema Solar.

A presenza de metano na atmosfera pode ser a causa de microorganismos coñecidos como arqueas metanóxenas, as cales se encargarían de producir metano (CH4) como consecuencia do seu metabolismo en condicións anaeróbicas. Estes seres vivos residirían moi por debaixo da superficie, onde a temperatura permitise que a auga se mantivese en estado líquido. Realizáronse estudos para determinar se unha bacteria metanóxena podería sobrevivir en Marte simulando o solo deste planeta na Terra. Concluíuse que sería posible.

No ano 2005 determinouse que o formaldehido ou metanal, outro composto orgánico tamén formaba parte da atmosfera marciana. Especulouse que isto podería ser un resultado colateral da oxidación do metano, co que se podería afirmar que Marte é un planeta xeoloxicamente moi activo ou ten numerosas colonias de microorganismos.



Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Universo. Garda o enlace permanente.