O Ártico: unha especie en perigo de extinción.

Nestes días, oímos falar nos medios dun lugar chamado Ártico e que por desgraza,  está a desaparecer. Poida que algúns sexan descoñecedores do tema e outros moitos non lles interese, pero a realidade e que é unha situación de máxima gravidade e que a nosa vida, tal como a coñecemos, depende delo. Pero, por que está a pasar iso?

Por unha parte, o aumento da temperatura da Terra e un dos principais causantes do desxeo do Ártico.  Xa desde a década dos 70, o Ártico comezou a desaparecer a un ritmo vertixinoso. As emisións de gases contaminantes a atmosfera non deixaron de reducirse, o que empeora notablemente a situación, polo que si hai algo certo en todo isto, o famoso Protocolo de Kioto non tivo demasiado éxito.

Por outra parte, a navegabilidade da zona polar ártica faina vulnerable aos intereses petrolíferos. Moitas compañías dedicadas ao petróleo como Shell, ademais dos intereses dos países limítrofes ao Ártico como EE.UU ou Rusia, contribúen a empeorar a situación. As perforacións para a extracción do petróleo e os rompexeos aceleran o proceso da extinción do xeo polar.

Que solucións hai?

Deter as emisións de gases contaminante para que a temperatura da Terra non siga aumentando. Para iso debemos deixar de depender dos combustibles fósiles. Así, declarar o Ártico zona protexida onde se prohiba extracións de petróleo, intervencións militares; a pesca e o comercio marítimo.

As organizacións mundiais deben ter a iniciativa para salvalo.

Que conseguimos salvando o Ártico?

Esencialmente, sobrevivir. O Ártico actua como refrixerador natural da Terra. Sen el, non poderemos sobrevivir. Ademais, salvaríanse moitas especies naturais e o hábitat polar.

Este mes de abril, a ONG ambientalista Greenpeace comezou unha campaña para salvar o Ártico. Invitamoste a que colabores para Salvar o Ártico premendo aquí.


 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.