Unha viaxe instrospectiva

O LSD-25 (dietilamida de ácido lisérxico) é unha droga psicodélica da familia ergolina, coñecida polos seus efectos psicolóxicos, que poden incluír unha alteración do proceso de raciocinio, sinestesia, unha sensación do paso do tempo distorsionada e experiencias espirituais. Emprégase principalmente coma un entóxeno ou unha droga recreativa. O LSD non causa adicción nin é tóxico, pero pode inducir estados de ansiedade ou paranoia no usuario.

LSD-2D-skeletal-formula-and-3D-models.png

Descubrimento do LSD:

Este composto foi sintetizado por primeira vez en 1938 polo químico suízo Albert Hoffman nos laboratorios Sandoz de Basilea. Empezou investigando o fungo ergot (ou cornizó), o cal parasita principalmente o centeo. Buscando derivados do ácido lisérxico conseguiu sintetizar involuntariamente LSD, coa intención de obter un estimulante respiratorio e circulatorio (un analéptico). Nun primeiro momento non descubriu as propiedades do seu achado, polo que foi clasificado como inservible ata 5 anos máis tarde. En 1943, mentres Hoffman o estaba sintetizando de novo, absorbeu unha pequena cantidade accidentalmente a través das xemas dos seus dedos e percibiu os seus intensos efectos.

Para velo máis en profundidade:

Uns días máis tarde, decidiu levar a cabo un experimento utilizándose a si mesmo como suxeito de probas para determinar os verdadeiros efectos da droga. Inxeriu 250 microgramos da mesma, predicindo que sería o límite dunha dose (agora sábese que son 20 microgramos). Menos dunha hora máis tarde, Hoffman empezou a notar cambios na súa percepción. Pediulle ao seu asistente de laboratorio que o levara a casa, pero como o uso de vehículos motorizados estaba prohibido por restricións de guerra, tiveron que viaxar en bicicleta. Durante o traxecto, Hoffman empezou a padecer os efectos, que se traduciron en sentimentos de ansiedade e de perda da cordura. Cando chegou a casa non detectou ningunha anomalía física, agás as pupilas excesivamente dilatadas.

A primeira viaxe con LSD demostroulle a Hoffman que realmente fixera un descubrimento significativo, unha substancia psicoactiva cunha potencia extraordinaria, capaz de causar cambios da consciencia en doses incriblemente baixas. Vaticinou que sería unha potente ferramenta no ámbito da psiquiatría, debido á súa intensidade e natureza introspectiva. Non podía imaxinarse que alguén a usaría con fins recreativos.

Efectos e riscos:

Os primeiros síntomas aparecen entre 30 e 90 minutos despois da súa administración e poden durar de 7 a 12 horas. Principalmente, os efectos físicos que se amosan son: dilatación das pupilas, aumento da temperatura corporal, aumento da frecuencia cardíaca e da presión arterial, sudación, inapetencia sexual, insomnio, sequidade de boca e tremores.

Son máis salientables as consecuencias psicolóxicas, que dependen segundo a cantidade inxerida. Poden ir dende pequenas distorsións na percepción ata alucinacións e desconexións da realidade. En algúns casos pode chegar a producirse un fenómeno coñecido como sinestesia, no cal os sentidos se cruzan. A experiencia persoal con esta droga depende tamén de factores externos, coma as persoas que a rodean, o lugar e o momento .

Por outra parte, o risco máis destacable é a posibilidade da perda do control emocional , ansiedade ou pánico. Tamén pode producir alteracións psiquiátricas graves, como cadros de ansiedade e psicoses ou incluso derivar nun trastorno crónico como é a esquizofrenia.

Vídeo simulando os efectos que produce a inxesta de LSD:


Laboratorio de LSD:






 

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta