Nova vida, mesmo ser

A clonación é a acción de reproducir un ser de xeito perfecto no aspecto fisiolóxico e bioquímico a partir dunha célula orixinaria.

Historia da clonación

A primeira clonación levada a cabo con éxito no mundo animal foi realizada no ano 1952, a partir do óvulo dunha ra, por científicos da Universidade de Pennsylvania, que tras o éxito acadado proseguiron coa clonación de ratos.

Máis tarde, en 1991, o Dr. Wu Ming-Che de Taiwan conseguiu clonar 5 porcos dunha especie en extinción, aínda que só cun 90% de similitude.

Finalmente, en 1996, Ian Wilmut leva a cabo a clonación dunha ovella, chamada Dolly. Este feito destaca principalmente porque a reprodución non se produciu a partir dunha célula embrionaria, senón que se trataba dunha célula altamente especializada.

No mundo existen máis de 300 mamíferos clonados coa mesma técnica que deu lugar a Dolly. Un tercio son vacas, ovellas e cabras, e o resto ratos. Agora estase a investigar con primates e cans tamén. Non obstante, a comunidade científica aínda non se recuperou do seu abraio ao contemplar que a partir da célula dun animal adulto pódese obter outro exemplar practicamente igual.

Como é posible a clonación?

Un individuo está formado por millóns de células, con aspectos e funcións moi diferentes. Con todo, todas elas teñen algo en común: o ADN. Cada célula contén toda a información sobre como é e como se desenvolve todo o organismo do que forma parte.

Isto débese a que todas as células derivan dunha célula inicial, o embrión unicelular ou cigoto. Esta célula peculiar, que é xa unha nova vida, obtense de forma natural pola fusión das células reprodutoras, cada unha das cales aporta a metade do material xenético (a metade dos planos). No cigoto temos xa a información de como vai ser o novo organismo. A partir dese momento esa información irase convertindo rapidamente en realidade por dous procesos: a división celular e a especialización das células.

O cigoto empeza dividíndose en células que, á súa vez, volven dividirse. Así o embrión vai crecendo, mediante a bipartición. En cada división faise unha copia do ADN presente ao inicio (fotocopias dos planos), para que cada célula teña a información de como é todo o individuo. Millóns de divisións despois, teremos un organismo desenvolvido composto de millóns de células que contan con toda a información, a mesma que contén o cigoto.

Conforme aumenta o número de células estas van especializándose e adquirindo distintas funcións. Nas primeiras etapas da vida do embrión as células que o constitúen non teñen unhas características concretas, é dicir, están pouco especializadas, pero por eso mesmo teñen moita potencialidade: son capaces de transformarse en calquera tipo celular, ou incluso, nas primeiras etapas, de dar lugar a un novo organismo. No organismo adulto, pola contra, as células teñen funcións ben definidas e perden potencialidade. Esta especialización ou diferenciación celular, ven determinada polo uso do ADN: cada célula emprega só a parte do ADN que corresponde á súa función. De modo que, aínda que cada célula conteña a totalidade da información, só emprega a parte que lle corresponde.


Non obstante, ás células reprodutoras son unha excepción a todo o anterior, xa que o seu ADN non é igual ao resto do organismo. Contan coa metade de moléculas de ADN, para que ao fusionarse coas aportadas pola outra célula reprodutora den lugar a unha dotación xenética completa. Así mesmo, cada célula reprodutora dun mesmo organismo recibe unha metade diferente do ADN característico dese individuo. Esa é a orixe da diversidade na reprodución sexual e a razón pola que calquera embrión producido  pola fecundación é unha incógnita, pois non se coñecen as súas características ata que medre.

Tendo esto en conta, calquera célula do organismo adulto (somáticas, non reprodutoras) pode servir teoricamente para obter un novo ser vivo das mismas características. O único que hai que conseguir é que unha célula exprese a súa información xenética, se poña en funcionamento e produza outro ser. Polo tanto, clonar  consiste en reprogamar unha célula somática para que comece o programa embrionario. Unha vez comezado o seu desenvolvemento habería que implantala nun útero, xa que de momento non é posible que os embrións se desenvolvan fóra dun útero.

Do mismo xeito, na actualidade disponse da tecnoloxía axeitada, tanto para conseguir que as células vivan e medren fóra do corpo, mediante as chamadas técnicas do cultivo celular, como para implantar con éxito embrións xerados in vitro.

A clonación de seres humanos

Tras o nacemento de Dolly, en toda a comunidade científica xerouse un debate sobre a posibilidade de clonar seres humanos. Nun principio, debido á proximidade biolóxica da nosa especie coas ovellas, poderíase supoñer que si, polo que a polémica situaríase nun contexto ético.

En xeral, existe un rechazo por parte da meirande parte dos científicos cara á clonación, principalmente por razóns prácticas: baixo porcentaxe de éxito, posibilidade de enfermidades ou alteracións… Non obstante, mesmo se o éxito da clonación estivese garantizado nun 100%, existen diversos motivos antropolóxicos que rexeitan a clonación:

  • O ser clonado sería seleccionado por outra persoa, que decide cales van ser as súas características biolóxicas.
  • O ser clonado sería xerado cun fin, polo que as consecuencias psicolóxicas desa presión serían imprevisibles.
  • Este ser carecería dunha familia.

Non obstante, o que si aproban case todos os científicos é outro tipo de clonación, que non ten un fin reprodutorio, senón terapéutico. Esta consiste en combinar a técnica de clonación coa de obtención de células nai embrionarias, para curar adultos que tivesen unha enfermidade que puidese resolverse mediante transplante celular.

 




Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Xenética. Garda o enlace permanente.