Un transplante ou enxerto é un tratamento médico que consiste en trasladar órganos, tecidos ou células dunha persoa a outra. O órgano transplantado reemplaza e asume a función do órgano danado do receptor, salvándolle a vida ou mellorando a calidade de vida.
A pel é un órgano de revestimento externo do corpo humano. É responsable da protección do organismo contra o medio externo.
Un enxerto de pel é un parche cutáneo que se extrae quirúrxicamente dun área do corpo e se transplanta ou se pega a outra área.
Os enxertos de pel realízanse a través de anestesia xeral . Tómase pel sá dun lugar do corpo (sitio doante). A maioría das persoas que se somenten a un enxerto de pel practicaselle un enxerto de grosor parcial, no cal se toma pel das dúas capas cutáneas superiores do sitio doante (epiderme) e da capa por debaixo da epiderme (derme). O sitio pode ser calquera área do corpo, a maioría soe ser nas nádegas ou na parte interior do muslo.
O enxerto exténdese con coidado na área descuberta donde se vai a transplantar e sostense no lugar, xa sexa presionando suavemente cun vendaxe groso que o recobra ou por medio de grapas. A área doante cóbrese cunha vendaxe estéril.
As persoas que sofren unha pérdida de tecido máis profundo poden necesitar un enxerto de pel de grosor total. Require o groso completo da pel do sitio doante e non só as dúas capas superiores.
O enxerto de pel de grosor total é complicado. O colgaxo da pel do sitio doante abarca os músculos e rego sanguíneo que se transplantan a área do enxerto. Os lugares doantes comúns inclúen a caixa torácica, costas ou a parede abdominal.
As persoas que teñen que someterse a iso é debido a que a persoa sufriu unha infección, iso provocou a perdida de pel; queimaduras; cancro de pel; feridas moi grandes; úlceras venosa ou úlceras diabéticas que non sanan.
Os riscos da anestesia son:
- Reaccións aos medicamentos.
- Problemas respiratorios.
Os riscos da cirurxía son:
- Sangrado.
- Infección.
- Cambio da cor da pel.
- Perdida ou aumento da sensibilidade cutánea.
Antes do procedemento de transplantar a pel, o pacente debe decirlle ao médico se está tomando algún medicamento. Os días antes da cirurxía, o paciente non pode tomar fármacos que dificulten a coagulación do sangue; preguntarlle que medicamentos debe tomar e se o paciente fuma, debe deixalo.
Se o pacente ten diabetes, ten que tomar os medicamentos como de costume.
No día da cirurxía, non se pode comer nin beber durante 8 ou 12 horas antes da cirurxía e tamén debe tomar os medicamentos que lle recomendaron.
Despois da cirurxía, o enxerto de pel debe protexerse contra trauma, é dicir, non pode levar ningún golpe ou estiralo moito, durante 2 ou 3 semanas aproximadamente. Moitas persoas necesitan fisioterapia despois do enxerto pero eso depende da zona que se transplantou.
Os enxertos de grosor total necesitan un período de recuperación máis longo. A maioría das persoas con ese tipo de enxertos necesitan permanecer no hospital durante 1 ou 2 semanas.
Os novos vasos sanguíneos comezan a crecer ao cabo de 36 horas. A maioría son efectivos pero nalgúns casos (nos que sanan mal) é necesario un segundo enxerto.