A ética das ciencias da vida.

O termo bioética pode dar pé a confusións e moitos emprégano de forma errónea como sinónimo de ética médica. Para recordar a súa definición nos seus inicios debemos remontarnos ó ano 1971 cando Van Rensselaer Potter o acuñou. Nel este autor englobaba a disciplina que combina o coñecemento biolóxico co dos valores humanos. Ó longo dos anos foron cambiando pequenos matices na súa definición ata chegar á actual. Agora, alude á rama da ética que se dedica a prover os principios da conduta correcta do ser humano respecto á vida, tanto a humana coma a dos animais e vexetais, e ó ambiente no que poden darse as condicións aceptables para o desenvolvemento desta.


Ademais, temos que ter en conta que non trata unicamente cuestións morais do ámbito da biomedicina senón que inclúe aspectos epistemolóxicos e ontolóxicos. Podemos dicir que se trata dunha ética laica, racional, pluralista e mínima. É dicir, que se centra nun ámbito filosófico neutro sen facer alusións a aspectos mais unificadores, como pode ser os de tipo relixioso.

Así mesmo, conta con catro principios básicos que a caracterizan. O de autonomía expresa a capacidade para impoñer normas sen ningún tipo de influencia e conta cun carácter imperativo. O de beneficencia consiste en actuar en beneficio de outros aínda que non contemos coa súa opinión, o que prima é o seu benestar. O de non maleficencia recolle que quedan excluídas prácticas que danen ou prexudiquen a outros. O de xustiza, indícanos que debemos tratar a todos por igual para reducir as situacións de desigualdade. Á súa vez, este principio divídese en dous, o formal e o material.

Con todo, debemos saber que existen diversas correntes como por exemplo a personalista, a consensualista, a clínica, a social e a transdisciplinar. Todos elas seguen os principios básicos da bioética pero cada unha resalta algún aspecto no que queren facer énfase, o que a identifica.

Finalmente, esta rama é a que se encarga de que ningún novo avance médico atente contra a dignidade humana,  protexendo a nosa integridade.facer énfase, que é o que a identifica.

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta