Os trasplantes: unha fonte de vida, unha segunda oportunidade

Un trasplante consiste en trasladar un órgano, tecido ou conxunto de células dun individuo (donante) a outro (receptor).

Existen diferentes tipos de trasplantes:

  • Autotrasplantes: nestes, o donante e o receptor son o mesmo individuo, e dáse en diferentes casos, coma no trasplante de pel.
  • Sinxénico:trasplante realizado entre individuos xeneticamente idénticos (xemelgos univitelinos)
  • Alotrasplante: esta situación dáse cando o doador e o receptor son da mesma especie, pero diferentes xeneticamente.
  • Xenotrasplante: trasplante no que o doador e o receptor pertencen a especies diferentes.

A continuación mostramos os órganos e tecidos que se poden doar:

  • Corazón (trasplante cardiaco): trátase dun procedemento terapéutico dirixido a unha poboación seleccionada de enfermos con miocardiopatía en fase terminal, totalmente incapacitante e fatal a curto plazo. Para que o receptor poida recibir este órgano, o doador deberá estar nunha fase coñecida como morte cerebral.
  • Pulmóns (trasplante pulmonar):a selección do receptor é un dos aspectos máis importantes. Dada a escaseza de doadores, o trasplante pulmonar debe reservarse só a aqueles pacientes cunha enfermidade pulmonar en fase terminal, e que teñan elevadas posibilidades de sobrevivir a largo prazo.
  • Fígado (trasplante hepático): en canto ao procedemento de trasplantes deste tipo, comeza cando o coordinador do hospital recibe o aviso da existencia dun doador potencial. Este, organiza a extracción cos equipos que vaian a intervir, fixando a hora da intervención e o tipo de extracción, conforme a validez do inxerto. Se o órgano se extrae completamente, o doador deberá atoparse en morte cerebral e non debe ter sufrido unha lesión hepática. Pola contra, se só se precisa una fragmento, o doador poderá estar vivo, xa que este órgano ten a capacidade de rexenerarse.
  • Ril (trasplante renal): é un tipo de trasplante no cal o doante pode estar vivo ou morto, xa que o corpo humano é capaz de sobrevivir cun só destes órganos. No caso do receptor, ao seren extirpado o ril danado, inseriráselle o outro nun lugar diferente (xeralmente na fosa iliaca, debido ao seu fácil abordaxe quirúrxico).
  • Córnea (trasplante de córnea): o doante será preferiblemente dunha idade comprendida entre os 5 e os 60 anos, xa que a córnea é moi fráxil e nos anciáns soe ter perdido moitas células endoteliais. Os ollos do doador deben ser extraídos precozmente tras a súa morte e conservados en frío a 4ºC nunha cámara húmida, previamente irrigada con suere fisiolóxico, e instalación dun colirio.
  • Páncreas (trasplante de páncreas): trátase dunha cirurxía para implantar un páncreas san nun paciente con diabete. Este tipo de intervención dalle unha oportunidade ao receptor para deixar de aplicarse as inxeccións de insulina. O doador débese atopar en morte cerebral e, á súa vez, con soporte vital.
  • Medula ósea (trasplante de medula ósea): antes de realizar este tipo de accións, débese levar a cabo un tipaxe de histocompatibilidade, o cal permite coñecer as características da medula. Logo de comprobar que existe unha compatibilidade do 100% entre doador e receptor, efectúase a extracción da medula. Este proceso realízase con anestesia xeral ou epidural, e consiste en varias puncións das crestas ilíacas ata conseguir suficiente cantidade de medula.
  • Pel (inxerto de pel): esta cirurxía prodúcese mediante anestesia xeral. Tómase pel sá dun lugar do corpo chamado sitio donante. A maioría das persoas que se somenten a este tipo de intervencións, practícaselles un inxerto de pel de grosor parcial, na cal a pel é tomada das dúas capas cutáneas (epiderme e derme).
  • Óso (trasplante de óso): consiste na resección masiva ou pasiva dun segmento óseo e a súa reposición por unha peza similar, provinte dun banco de ósos.


QUÉ É O QUE PENSA A XENTE DOS TRASPLANTES?

Atendendo a diversas enquisas, vese que a xente xove non ten problema en facerse doante, e isto débese á educación que reciben. As persoas de mediana idade teñen diversas ideas, e teñen máis medo a facerse donantes, porque cren que pode haber xente que os traten de matar para conseguir os seus órganos. Finalmente, os anciáns son os que máis reparo teñen á hora de doar. Tamén é certo que os seus órganos son os menos empregados debido a que son menos fiables e o seu rendemento é menor.

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta