O elixir da vida

A clonación é o proceso de producir poboacións xeneticamente iguais de individuos que ocorre na natureza en organismos coma bacterias, insectos e plantas, os cales se reproducen asexualmente. Nembargantes, pódese levar a cabo de xeito artificial en laboratorios para obter dous individuos idénticos desde o punto de vista xenético. Actualmente efectúase en animais, xa que ten moitos beneficios e non existen impedimentos éticos.

-Primeira clonación:

O primeiro  animal clonado exitosamente foi a famosa ovella Dolly. Esta foi creada en 1996 polos científicos do Instituto Roslin de Edimburgo (Escocia) a partir dunha técnica denominada Transferencia nuclear. Primeiro obtiveron unha célula diferenciada do individuo clonado a través dunha mostra de tecido da glándula mamaria. Despois, conseguiron un óvulo dunha femia doadora e posteriormente, eliminaron o núcleo do óvulo e introduciron o da célula diferenciada. Esta célula foi cultivada no laboratorio ata que alcanzou o estado de mórula, momento no que foi introducida no útero dunha nai receptora. Finalmente, tras o período de xestación, naceu a ovella Dolly.

Aplicación interactiva para entender a clonación en animais

 


-Beneficios para consumidores, granxeiros e especies en perigo de extinción:

-A clonación permítelle aos granxeiros e rancheiros acelerar a reprodución do seu gando máis produtivo para producir máis alimentos e máis saudables.

-Conséguense individuos máis sans, polo que se reduce o uso de antibióticos e substancias químicas ou hormonas de crecemento.

-Os consumidores benefícianse xa que a carne e o leite que obteñen sería máis saudable, consistente e segura.

-A maioría da comida obtida a partir da clonación será a partir dos descendentes dos clons, que se reproducen sexualmente.

– Pódese utilizar para protexer especies en perigo de extinción. Por exemplo, en China gardáronse células de panda.

Clonación como método para recuperar especies xa extintas: Insertan xenes de mamut nun elefante vivo

 


-Riscos e inconvenientes:

-Alta taxa de erros, a clonación de animais mediante a transferencia de células somáticas é simplemente ineficiente. A taxa de éxito flutúa entre o 0.1 e o 3%. Isto é debido ás seguintes razóns:

  • O óvulo enucleado e o núcleo transferido poden non ser compatibles.
  • Un óvulo cun núcleo transferido novo pode non empezar a dividirse apropiadamente.
  • A implantación do embrión na nai substituta pode fracasar.
  • O embarazo pode non desenvolverse correctamente.

-Problemas no desenvolvemento tardío. Os animais clonados que sobreviven adoitan ser de maior tamaño ao nacer. Os científicos denominan a este fenómeno LOS (Large Offspring Syndrome). Algúns clones con LOS presentan órganos anormalmente grandes, o que pode derivar en problemas de respiración ou na circulación do sangue. Como o LOS non chega a presentarse sempre, os científicos aínda non poden predicir se ocorrerá nun determinado clon.

– Expresión alterada dos patróns de xenes. Nun embrión creado de forma natural, o DNA está programado para expresar un conxunto de xenes específico. A continuación, mentres as células embrionarias empezan a diferenciarse, o programa cambia. Para cada tipo de célula diferenciada (da pel, sangue, etc.) este programa é distinto.

Sen embargo, na clonación, o núcleo transferido non ten o mesmo programa que un embrión natural. Depende do científico para reprogramar o núcleo. Un símil bastante acertado sería comparar isto con ensinarlle trucos a un can vello. Necesítase unha reprogramación íntegra para conseguir o desenvolvemento normal do embrión.

-Diferenzas teloméricas: coa división celular, os cromosomas vólvense máis pequenos, debido ás secuencias de DNA en ambos extremos dun cromosoma (telómeros) minguan en lonxitude cada vez que o DNA é copiado. Contra máis vello sexa un animal, máis curtos serán os seus telómeros, xa que as súas células teranse dividido moitas veces. É unha consecuencia natural de envellecer. Entón, que lle ocorre ao clon se o núcleo transferido xa é moi vello?

Cando os científicos buscaron respostas para isto non atoparon ningunha consecuencia clara. Os cromosomas de ratos clonados tiñan telómeros de maior lonxitude ca os concibidos de xeito natural. As súas células presentaban moitos signos de xuventude. Por outra parte, os cromosomas da ovella Dolly eran de menor lonxitude, o que implicou o seu envellecemento prematuro. Actualmente, non se sabe con seguridade a razón pola que os animais clonados presentan diferenzas na lonxitude dos telómeros.

http://learn.genetics.utah.edu/content/cloning/cloningrisks/images/telomeres.png

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta