O risco de sufrir alzhéimer e párkinson podería detectarse na pel

Así o afirma o último estudo desenvolvido polo Hospital Central de San Luis Potosí (México) que, a falta de ratificar os resultados, propoñen que unha simple biopsia da pel do doente serviría para diagnosticar de forma precoz, sinxela e efectiva, enfermidades neurodexenerativas tan coñecidas como o alzhéimer e o párkinson.

“ As enfermidades neurodexenerativas caracterízanse por presentar alteracións na estrutura e a función de varias proteínas”, explica Sinc  Ildefonso Rodríguez Leyva, especialista que lidera a investigación. Ao ter unha orixe común xa desde a formación do embrión, “as células da pel e as neuronas deben expresar proteínas comúns”.

Este foi o punto de partida para probar a hipótese de que os depósitos das proteínas tau nas neuronas poderían encontrarse tamén na pel. Por iso, contaron coa participación de 20 persoas con enfermidade de Alzhéimer, 16 con Párkinson e 17 con demencia provocada por outra enfermidade e un grupo de control de 12 persoas saudables.

O análise das mostras de pel de todos eles revelou que tanto os pacientes diagnosticados con alzhéimer como os de párkinson presentaban niveis sete veces máis elevados da proteína tau que os demais voluntarios do experimento.

A enfermidade do Alzheimer, tamén denominada mal de Alzheimer ou demencia senil, é unha enfermidade neurodexenerativa que se manifesta como deterioro cognitivo e trastornos conductuais. Caracterízase porla inmediata perda da memoria e outras capacidades mentais, a medida que morren as neuronas e se atrofian diferentes zonas do cerebro. A enfermidade adoita ter unha duración media aproximada despois do diagnóstico de 10 anos, aínda que esto pode variar en proporción directa coa severidade da doenza ao momento do diagnóstico.

A enfermidade do Parkinson, tamén coñecida como Parkinsonismo idiopático ou parálise axitante, é un trastorno neurodexenerativo crónico que conduce co tempo a unha incapacidade progresiva, producida a consecuencia da destrución, por causas que aínda se descoñecen, das neurona pigmentadas da sustancia gris. Frecuentemente clasifícase como un trastorno do movemento, pero tamén desencadea alteracións na función cognitiva, na expresión das emocións e na función autónoma.


                       

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta