Adición ou diversión?

O tabaco é a presentacion das follas secas da planta do tabaco. Considérase hoxe en día unha droga legal, e o seu consumo esta moi estendido por todo o mundo. O compoñente máis característico do tabaco e a nicotina, un alcaloide que se encontra nas follas.

É unha droga con alto poder aditivo, debido principalmente pola nicotina que actúa sobre o sistema nervioso central. A manifestación de dependencia física e psicolóxica  xera un importante síndrome de abstinencia, denominado tabaquismo. É responsable de moitas enfermidades respiratorias, de moitos tipos de cancro, cardiovasculares e é moi perxudicial durante o embarazo.

  • Tabaquismo entre a mocidade

España ocupa o 5º posto na taboa dos maiores consumidores de tabaco entre a xente xoven só detrás de: Austria, República Checa, Hungria e Italia.

Ademais, a OCDE destaca a alta proporción de rapazas fumadoras, cerca do 25%, cando hai países como Alemania o  Reino Unido que están case 10 puntos por debaixo , como en países como Estados Unidos e Canadá o número de rapazas xoves fumadoras non supera o 10%.

Aínda tendo estas cifras o consumo de tabaco entre os adolescentes diminuiu, en 20 anos case un 7%, segundo un estudo desenrolado polo Centro de Investigación Biomédica de Epidemiología e Saúde Pública (Ciberesp) e a Axencia de Saúde Pública de Barcelona.

Concretamente, o consumo descendeu un 6,47% anual para os varóns e un 6,97% para as rapazas. Esto, sinalan dende a semFyC, pode ser debido aos avances nas políticas de control deste hábito traducíronse na menor incidencia de tabaquismo neste grupo de poboación.

 

  • Tabaquismo entre a mocidade en Galicia

En Galicia, fuman a diario, segundo datos do Sistema de Información sobre condutas de Risco da Consellería de Sanidade referidos a 2011, un 18,12% da poboación de 16 ou máis anos;  fano ocasionalmente o 4,75%; son ex-fumadores o 24,41%; e nunca fumaron, o 52,73% de dita poboación. Compre destacar o importante descenso producido nos últimos anos no número de fumadores diarios na nosa comunidade, posto que, no 2005, a porcentaxe de fumadores diarios de 16 ou máis anos situábase no 24,99%, fronte ao 18,12% actual. Aínda estes bos datos, en Galicia morren cada ano ao redor de 3.500 persoas por culpa do tabaco -en torno a 10 por día-. No conxunto de España, esta cifra sube ata 150 por día.

Sinalar, así mesmo, que a idade media de inicio no consumo de tabaco é de 13,53 anos. O 20,2% da mocidade galega que ten 14 anos manifesta fumar algunha vez, así como o 34,4% dos de 15 anos.

En conclusión o tabaquismo é un problema que non afecta só a maiores de idade, senón que tamén afecta aos nosos xóvenes, isto fainos pensar que necesitamos algunha solución que arranxe este inconvinte.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta