Un golpe no corazón.

Que son os infartos?

Os infartos son a morte dun tecido por falta de sangue e posteriormente de osíxeno. Isto débese a obstrucción dunha arteria, xa sexa por placas dentro do propio vaso ou por elementos externos como tumores.

Por que se producen os infartos de miocardio?

As arterias coronarias pódense estreitar por distintas causas. As máis comúns son por un coágulo de sangue e a arteriosclerosis (depósitos de graxa nas paredes das arterias) que se vai producindo progresivamente facilitado polos factores de risco.

Factores de risco.

Existen varios factores que influén na posibilidade de sufrir un infarto entre os que se atopan:

  • A idade: Canto máis avanzada sexa mais posibilidades de sufrilos hai.
  • Sexo: existen variacións entre homes e mulleres.
  • Antecedentes familiares: se se posúe un familiar de primeiro grao ( pai, nai, irmaos) que sufra algunha enfermidade cardíaca, presenta o dobre de posibilidades de sufrir unha doenza coronaria ca o resto da poboación.
  • Consumo de tabaco: Debido as substancias nocivas que conteñen os cigarrillos aumentan as probabilidades de sufrir unha doenza coronaria.
  • Dieta non saudable: unha dieta cun consumo de grasas elevado aumenta considerablemente a posibilidade de sufrir unha doenza coronaria.
  • Sedentarismo: un estilo de vida sedentario está relacionado co desarrollo de enfermidades cardiacas.
  • Hipertensión arterial: coa hipertensión aumenta a presión que deben soportar as arterias facéndoas máis vulnerables a sufrir un infarto de miocardio.
  • Diabetes: estímase que as persoas con diabetes teñen 2, 5 mais posibilidades de sufrir unha enfermidade coronaria.
  • Sobrepeso: as persoas con sobrepeso posúen o risco de desarrollar outros factores como hipertensión ou diabetes tipo 2.
  • Consumo de alcohol: o consumo de alcohol provoca hipertensión e o aumento do colesterol no sangue co que hai máis posibilidades de sufrir unha enfermidade cardíaca.
  • Consumo de drogas: co consumo de drogas estimulantes aumenta o risco de infarto debido a que provocan un estreitamento das arterias coronarias.

Síntomas.

Os síntomas máis habituales son dor bastante intensa na zona do esternón que non se modifica cos movementos nin coa respiración. En ocasións irradiase hacia a mandíbula, pescozo e espalda, brazo esquerdo e nalgúns casos tamén ao dereito .

Outras veces maniféstase con dor na parte alta do abdomen, dificultades respiratorias, ganas de vomitar e pérdida do conocemento.

Porcentaxe de infartos en Galicia.


Según as estadísticas a taxa de mortalidade por enfermidades do sistema circulatorio en Galicia diminuíu, pero  seguen morrendo mais mulleres debido a estas patoloxías . Isto débese a que os infartos nas mulleres son máis mortais que nos homes, debido a que elas comezan a ter problemas coronarios dez anos despois que eles, e é mais difícil detectar un infarto nunha muller xa que elas non interpretan a dor como alarmante e atribúena a outras causas.

Que podemos facer para evitalos?

O 80% dos infartos podemos evitalos levando a cabo:

  • Unha dieta sana: Unha dieta equilibrada é fundamental para a saúde do corazón e do sistema vascular. Recoméndase consumir abundantes froitas e verduras, cereais integrais, carnes magras, pescado e legumes, e pouco sal e azucre.
  • Facendo exercicio regularmente: Polo menos 30 minutos diarios de actividade física axudan a manter o sistema cardiovascular en forma.
  • Evitando o consumo de tabaco: O tabaco daña gravemente a saúde, independentemente de como se consuma. O risco de infarto de miocardio comeza a disminuir despois de deixar de consumir productos do tabaco.


 

 


Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta