Ti decides.

Debates continuos sobre o mesmo tema, o aborto. Pero sabemos realmente en que consiste? Podemos definilo como a práctica de expulsar antes do tempo normal da xestación o embrión ou feto, sen que este poida sobrevivir ou xa morto. Asimesmo, debemos distinguir dentro desta actividade entre espontáneo ou inducido. Sendo este último foco de polémica e que se pode considerar legal ou ilegal dependendo do territorio no que se desenvolva.

Por unha parte, o aborto espontáneo ou aborto natural é aquel que non é provocado. Ten lugar durante as 12 primeiras semanas de embrazo. A causa máis frecuente é a morte fetal por anomalías conxénitas do feto, normalmente xenéticas. Tamén pode ser debido a enfermidades sistemáticas da nai ou outras de tipo infecioso. Produce un sangrado transvaxinal que debe supervisar un xinecólogo e asegurarse de que foron expulsados todos os restos placentarios.


Por outra parte, o aborto inducido consiste en interrumpir o desenvolvemento vital do feto, normalmente durante as primeiras 22 semanas de embarazo. Ademais, se a causa que o motiva é unha razón médica denomínase aborto terapéutico. Mentres que se é realizado por decisión da muller en estado de gravidez recibe o nome de electivo. Para inducir o aborto  son empregados diferentes métodos como o uso de medicamentos (aborto químico) ou prácticas cirúrxicas (aborto cirúrxico).

O primeiro, realízase dentro das sete primeiras semanas de embarazo. Nesta práctica utilízanse unha serie de combinacións de medicamentos hormonais para unha expulsión axeitada do feto e do tecido da placenta. Os medicamentos empregados son mifepristona, metotrexato e misoprostol, que en ocasións se combinan para un mellor deselvolvemento. Este método non é moi empregado en España pero noutros lugares da Unión Europea ten bastante aceptación.

O segundo, emprega diversos utensilios cirúrxicos dependendo de se se realiza por aspiración, se se practica un raspado ou se se leva a cabo un parto prematuro. Na primeira técnica faise uso dunha xiringa e unha bomba de aspiración. A segunda é menos recomendable pero serve para limpar as paredes do útero. O último apenas se utiliza, so en casos excepcionais provocando queimaduras fetais.

 

As imaxes amosan un aborto inducido.

Finalmente, o aborto inducido lévase practicando en España durante moito tempo aínda que non sempre de maneira legal. Realizándose en pésimas condición e ocasionando a morte de moitas mulleres. Isto debíase a que as leis desas épocas non permitían realizalos de forma legal. Se se restrinxen os usos legais do aborto aumentarán de novo as súas prácticas ilegais? E, como consecuencia, aumentará a mortalidade motivaba por esta causa?

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta