Schistosoma haematobium, coñécelo?

As mortes provocadas polo virus da sida descende nun 22% nos últimos dez anos . Aínda así a metade das persoas que precisan tratamento antirretroviral en países de baixos ingresos aínda non teñen acceso ao tratamento que precisan, e un alto porcertanxe non son conscientes de ser portadores do virus. Mundialmente, un 64% da poboación entre 15 e 24 anos infectada do VIH son mulleres, unha tasa que no caso de África subsahariana se incrementa ata un 71%.

O novo inimigo na loita do VIH, cuxo nome científico corresponde a Schistosoma haematobium, coñecido coma o gusano do sida, nos últimos anos causoulle a morte a uns 40 millóns de individuos. O verme, espera a suas víctimas en ríos, regatos, lagos…onde mulleres e nenos se achegan a realizar tarefas como lavar ou pescar.

As larvas penetran no corpo humano a través da pel. Unha vez dentro dos vasos sanguineos, o seu tamaño increméntase ata chegar aos 2 ou 3 centímetros, e as femias comezan a reproducirse xerando miles de ovos, estes no caso das mulleres deposítanse no utero ou vaxina, causando un sangrado continuo.

A falta de investigación sobre este verme, é a culpable de que haxa tantas dudas á hora de apoiar o tratamento  Sería recomendable que este tratamento e implantase con antelación en nenos e adultos con riesgo nas zonas nas que vive o verme. En 2009 un grupo de traballo informal da OMS propuxo dar un paso máis e proclamou a oblifgacion ética de gobernos e organizadores de integrar o tratamento contra o Schistosoma e a prevención do VIH. Isto fixo que producise un efecto inmediato sobre a saude de millóns de nenas e mozas.

 

 

 

 

 

Imaxes do verme a Schistosoma Haematobium
Cando a sociedade lle dará verdadeira importancia aos problemas deste mundo olvidado? Cando este verme chegue a nosa sociedade ? Cando o número de infectados sexa tan numeroso que non habería nada que facer ?


Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta