O futuro da enerxía, nas mans dunha bacteria

Almacenar a inesgotable enerxía do Sol, sometida aos vaivéns das nubes e do día e da noite, está máis preto. Investigadores da Universidade de Harvard (EE UU) concibiron un sofisticado sistema que utiliza unha bacteria modificada xeneticamente para converter a enerxía solar nun combustible líquido. O enfoque, se confirma a súa rendibilidade, axudaría a afrontar o desafío enerxético e a loitar contra o cambio climático.

Ralstonia eutropha

A bacteria Ralstonia eutropha é capaz de crear un sistema que permite converter a enerxía solar en combustible líquido. O traballo dos investigadores consiste nunha “folla artificial”, que emprega un catalizador para facer que a luz solar divida a auga en hidróxeno e oxíxeno,  asó coka a bacteria denominada Ralstonia eutropha, deseñada para converter o dióxido de carbono (CO2) nun combustible líquido, o isopropanol. Os resultados publícanse  na revista PNAS e o seu investigador principal é Daniel Nocera , profesor de Enerxía en Harvard.

Os investigadores chámanlle ao sistema “folla biónica”. O estudo xurdiu do interese de Silver e Nocera para conseguir unha “enerxía persoalizada”. A idea é a de crear enerxía a nivel local, en comparación co sistema actual, como a do petróleo, que significa que a produción está centralizada e logo é enviada a estacións de servizo en todo o mundo. Ao seu xuízo, a enerxía local sería moi atractiva no mundo do desenvolvemento,

Futuro da enerxía solar

As células fotovoltaicas teñen un considerable potencial para satisfacer as futuras necesidades de enerxía renovable, pero necesítanse métodos eficientes e escalables para almacenar a electricidade intermitente que producen e poder implantar a enerxía solar a gran escala. Este sistema podería chegar a ser o tan ansiado almacén de enerxía solar.

Esta nova concepción da xeración de combustible desafiará, sen dúbida algunha, ás grandes empresas e aos cánones establecidos. Por outra parte, paradoxicamente, as investigacións máis profundas e complicadas acaban sendo as que imitan os procesos máis simples que realiza a propia natureza.

Investigacións similares

Hai algúns equipos que acadaron uns resultados moi similares aos de Nocera, pero precisaron empregar metais preciosos, coma o platino ou o indio, para acelerar as reaccións químicas. Isto provoca que os custes de produción se disparen en exceso, diminuíndo a viabilidade do proceso.

Pola contra, o equipo de Nocera emprega como catalizadores materiais abundantes na Terra, como pode ser o cobalto, logrando un rendemento que triplica ao dos mellores combustibles bioelectroquímicos existentes, sintetizados mediante procesos moi semellantes.

Recursos audiovisuais



Esta entrada foi publicada en Enerxía, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta