EXISTE O PESO IDEAL?

 

A pesar do que adoitamos oír, non existe un peso ideal. É importante ter isto en conta. O peso ideal dentro duns canons saudables está en cada un. Na túa propia opinión, en sentirte a gusto contigo mesmo e ser feliz co teu propio concepto de ti mesmo.

O que se diga desde o exterior, os medios de comunicación ou estilistas do corpo ha de ser tomado sempre desde un plano subxectivo e en perspectiva. Falo, claro, desde uns principios dentro da saúde.

A realidade é que máis aló dos quilos de peso, hai outros factores que inciden na nosa saúde, por iso, aquel peso ideal que figura nunha táboa ou que calculamos mediante algunha fórmula, pode non ser adecuado ao noso corpo. Entón, podemos afirmar que o peso ideal non existe. Podemos falar entón, dun rango de peso no cal nos atopamos saudables ou ben, dun peso co cal sentimos cómodos, Conseguimos sostelo no tempo e ademais, temos un corpo san.

 

Non existe un alimento milagroso que axude a baixar de peso e que consumíndoo en determinadas ocasións te fortaleza e elimine a graxa que che sobra. Oxalá!

O que si existen son técnicas para evitar que os alimentos che sexan prexudiciais en determinados momentos e en cambio, outros moitos, sexan beneficiosos nesa franxa horaria.

pirámide_alimenticia_galego.jpg

Se queres mellorar a túa imaxe, podo citar algúns pequenos trucos que che axudarán a ter o corpo que buscas e ao mesmo tempo serán beneficiosos sobre o organismo:

-Hai que beber abundante auga durante todo o día para manter o corpo hidratado.

-É preferible comer 5 veces ao día en menores cantidades, que comer só 3 veces e terminar en cada unha delas sen poder máis.

-Un descenso das porcións que habitualmente che serves, é unha boa técnica de redución de peso. Sen abusar, está claro.

-Seguir unha dieta equilibrada tendo en conta a piramide alimanticia e as propiedades que nos subministra cada tipo de alimento.

cantidadescorrectasparaunabuenanutricion.jpg

 


 

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta