18 millóns de persoas padecen febre reumática

A febre reumática é unha enfermidade inflamatoria que se produce debido a unha reacción do sistema inmunitario de persoas que foron expostas aos antíxenos da bacteria estreptococo (grupo A). Xeralmente manifestase en nenos de 5 a 15 anos entre 14 e 28 días despois de sufrir farinxite e amigdalite aguda. A pesar de non ser unha enfermidade hereditaria, existen algúns factores xenéticos que aumentan a susceptibilidade a padecela.
Síntomas:
Artrite de tipo migratorio, que pode afectar a varias articulacións. A inflamación pasa dunha articulación a outra, sendo a afectación das mans e o pescozo a menos frecuente.
Inflamación do corazón ou cardite, que é a manifestación máis grave. Os casos máis extremos son os de miocardite, nos que o corazón non bombea o sangue correctamente, o que pode producir dor no peito e aumento da frecuencia cardíaca e respiratoria.
Corea, ou alteración do movemento pola inflamación dunhas zonas do cerebro que coordinan os movementos. A presenza destes movementos involuntarios poden interferir na escritura, no aseo e outras actividades cotiáns.
Poden producirse manifestacións cutáneas, pero son menos frecuentes que as anteriores.  O “Eritema Marxinado” son unhas manchas que aparecen no tronco e cuxos bordes vermelliños expándense progresivamente. Os “Nódulos Subcutáneos” son nódulos presentes debaixo da pel que non causan dor.
Outros síntomas que poden ser detectados facilmente son: febre, fatiga (astenia), perda do apetito, palidez, dor abdominal e sangrados nasais.

Tratamento:
Úsanse antiinflamatorios para o control da artrite, febre e outros síntomas agudos. Principalmente empréganse salicilatos, aínda que os esteroides tamén son efectivos naqueles pacientes nos que os salicilatos non funcionan.
Recoméndase repouso na cama durante 6 ou 8 semanas, que é o tempo que dura o brote reumático. Se se presenta a enfermidade de Corea, procedese coa sedación do paciente. Por último, é aconsellable o tratamento profiláctico de por vida.

Consecuencias da enfermidade na práctica deportiva:
Sufrir esta doenza pode condicionar a cantidade de exercicio que se poida levar a cabo, aínda que cada caso debe ser valorado por un médico. O único que impediría ao paciente realizar unha actividade deportiva despois dos tres meses da crise, sería a afectación cardíaca residual, a cal impediría calquera esforzo físico. Un adulto explica a súa experiencia coa enfermidade na seguinte ligazón:
Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta