Un exército branco.

Que son os glóbulos brancos?

Os glóbulos brancos (leucocitos) son células defensivas que forman parte do sistema inmunitario. Teñen a función de combatir microorganismos e corpos estraños. Viaxan polo sangue e están dispersos por todo o corpo, indo alí onde son necesarios grazas a que poden abandonar os vasos sanguíneos. Reciben o nome común de glóbulos brancos debido a que non conteñen pigmentos, a principal diferenza fronte aos glóbulos vermellos (eritrocitos) é que posúen un núcleo e orgánulos celulares.

Tipos e funcións.

Existen diferentes tipos de leucocitos con funcións e características variadas. Segundo as súas funcións e características podemos clasificalos en:

 

Neutrófilos: deféndennos contra infeccións bacterianas e de fungos. Encárganse de fagocitar as bacterias e expúlsanas en forma de pus. Posúen un núcleo multilobulado (que semella a unión de varios núcleos). Teñen unha concentracción é do 62% e a súa vida  media é de 6  horas.

 

 

Eosinófilos: protéxennos de infeccións parasitarias e son as células que se inflaman durante unha reacción alérxica. As causas máis importantes da eosinofilia son: a asma, a rinitis alérxica e a urticaria. Posúen un núcleo bi-lobulado e teñen unha cor rosácea. A súa concentracción é do 2.3% e a súa vida media é de 8-12 días.

 

 

Basófilos: son os responsables das respostas alérxicas xa que liberan histamina provocando a vasodilatación. O seu núcleo é bi- ou trilobulado, é difícil de ver debido ao gran número de gránulos azuis que posúen. A súa concentracción é do 0.4% e a súa vida media é de unhas poucas horas ou días.

 

 

 

Linfocitos: son os encargados de producir anticorpos capaces de unir, bloquear e promover a destrución de patóxenos e axudan a coordinar a resposta inmune. O seu núcleo é excéntrico e tíñese fortemente. A súa concentracción é do 30% e a súa vida media é de semanas a anos.

 

 

 

Monocitos: son os encargados de presentar partes de patóxenos aos linfocitos para que estos poidan ser recoñecidos de novo e reparan restos de células mortas. O seu núcleo é arriñonado e a súa vida media é de horas a días.

 

 

 

 

 

Teñen memoria os glóbulos brancos?

Os glóbulos brancos posúen unha característica moi interesante, que nos permite curar moitas enfermidades. Esta característica é que teñen unha memoria que lles permite recordar microorganismos infecciosos que entraron anteriormente no noso organismo.

Existen dous tipos de memoria, a imnata e a adquirida:

A memoria imnata é aquela coa que contamos dende que nacemos facéndonos así resistentes a algunhas enfermidades, mentres que a adquirida conséguese ao longo da vida de maneira natural, superando enfermidades, ou artificial mediante as vacinas.

Como inflúen as vacinas no sistema inmune?

Unha vacina é un cultivo de microorganismos que provocan unha enfermidade sen capacidade de contaxio. Estes organismos introdúcense no corpo para que o sistema inmune os recoñeza e os destrúa.

 

Como se trata de organismos sen capacidade infecciosa non nos causan dano algún. Ao introducilos no noso organismo o sistema inmune crea defensas contra eles, facéndonos resistentes a futuras infeccións deses organismos.


Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.