Son eficaces realmente?

Un medicamento xenérico é un medicamento que non se distribúe cun nome comercial e posúe a mesma concentracción e dosificación que o seu equivalente  de marca. Os medicamentos xenéricos producen os mesmos efectos que o seu contraparte comercial, xa que posúen o mesmo principio activo.
Os medicamentos xenéricos presentan a mesma eficacia, calidade e seguridade que os medicamentos orixinais, coa vantaxe de ser máis económicos permitindo facer un uso máis eficiente dos recursos dispoñibles e poñendo a súa aportación para a sostenibilidade do sistema sanitario.

Dentro do plan de contención de gasto farmacéutico aplicado á calidade da prescrición e a mellor práctica no uso do medicamento, a Consellería de Sanidade puxo en marcha no mes de xullo de 2009 a campaña de promoción de prescrición de medicamentos xenéricos ou de menor custe: “Xenéricos, unha aposta na que gañamos todos”, co obxectivo de diminuír o gasto por receita, incrementar a porcentaxe de envases xenéricos prescritos e situarnos ao nivel de prescrición de xenéricos doutras Comunidades Autónomas, mediante a xestión eficiente dos recursos fármacoterapéuticos.
Preténdese que sexa a participación, información e comunicación cos facultativos a clave do seu éxito, á vez que se traballe noutros aspectos asociados co aumento da prescrición de xenéricos.
Preguntamos a persoas e esas son as súas opinións:
Por que tomas xenéricos?
  • -Porque os xenéricos costan menos.  – Ánonimo
  • -Só o tomo cando me manda o médico.- (Lalín)
  • -Non os tomo, a min paréceme que non fan o mesmo co de patente. – (Lalín)
Cre que fai o mesmo efecto?
  • -En ocasións os xenéricos son menos efectivos que os medicamentos normais aínda que noutros casos fan o mesmo.- Ánonimo
  • -Si, ainda que non sexa unha patente só o recetan para que te cures. (Lalín)
  • -Non, porque hai veces que nin tres pastillas de un xenérico  che fai o que fai unha de patente. – (Brasil)
  • -Non, pero a maioría da xente compraos por ser máis baratos, aínda que moitos médicos prefiren recetar patentes.-  (Brasil)
En caso de enfermidades graves cre que os xenéricos son viables? Por que?
  • -Non, non me fio moito da efectividade dos xenéricos, e con unha enfermidade grave menos. – Ánonimo
  • -Non, porque é máis facil curar unha gripe que un cancro, non poder curar unha enfermidade  grave con xénericos. –  (Brasil)
  • -Por exemplo, a unha persoa a que lle doe moito a cabeza, con tomar unha aspirina pasalle mellor a dor de cabeza que con xénericos. Os xenericos costan menos tamén polo feito que a eles non hai que facerlle publicidade.

En conclusión grazas a esta enquisa poidemos aprender que a maioría da xente non sabe o que son os xenéricos, e os que cren sabelo teñen unha idea equivocada deles. Para poder axudar á comercialización destos medicamentos sen patente deberíamos dar unha educación sobre a verdadera eficacia dos xenéricos.

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta