O síndrome de inmunodeficiencia adquirida, máis coñecido como SIDA, é aquel que destrúe ou transforma o funcionamento das células do sistema inmunitario. Esto, provoca que o organismo quede desprotexido frente ás infeccións que poidan aparecer, que non aparecerían nun individuo sano porque o sistema inmunitario é capaz de loitar contra os organimos que as orixinan. Todas as persoas que teñan no seu organimo o virus, son portadoras e poden transmitilo. Pódese transmitir mediante relacións sexuais sen protección, cunha persoa infectada; pola transfusión de sangue contaminada e por compartir agullas ou xeringas.
Entre as persoas con maior perigo para contraer o VIH están:
-Drogadictos que se inxectan droga e logo comparten agullas.
-Bebés nacidos con nais enfermas de VIH, que non recibiron tratamento durante o embarazo.
-Persoas involucradas en relacións sexuais sen protección.
Demostrouse que soamente, o semen, o sangue, o fluxo vaxinal e a leite materna transmítenlle a infección a outros. O virus tamén se pode atopar na saliva, nas lágrimas, no tecido do sistema nervioso, no líquido cefalorraquídeo e no sangue.
Os síntomas a miudo son parecidos aos da gripe:
-Dor de cabeza
-Dor muscular
-Dor de garganta
-Erupcións de diferentes tipos
A SIDA EN GALICIA
Actualmente as persoas creen que esta enfermidade xa está case desparecida polos novas medidas de hixiene que se foron implantando, pero levouse a cabo un estudo das persoas infectadas en Galicia, que segue impactando moito .
O período de rexistro foi dende o 2004 ata o 2010 e déronse 1431 novos diagnósticos de infección polo VIH ( nestes anos presentáronse 612 casos de SIDA, polo que houbo un 134% máis de rexistros de infección ca de enfermidade). A maioría de infectados foron homes e a idade media é de 38 anos.
A práctica máis asociada coa infección polo virus nos sete anos analizados foi a de relacións sexuais no 72% das veces e as infeccións por compartir material de inxección para drogas supón o 23% dos casos rexistrados.
As conclusións que se obtiveron foron que temos unhas tasas bastante altas pero son menores cas do estado espaňol. O virus transmítese maiormente por vía sexual, aproximadamente sobre uns 205 casos por ano. A transmisión entre homosexuais é a categoría maioritaria e esto é debido a que a penetración anal favoreceu a transmisión do VIH posto que a mucosa rectal é máis fráxil que a vaxinal e ten máis posibilidades de sufrir fisuras, feridas, hemorraxias, …
Todas as prácticas sexuais que provoquen lesións ou irritacións das mucosas favorecen a transmisión deste virus.
O tratamento desta enfermidade cambiou en 1996 cando apareceron os cócteles antivirales. Estos tratamentos fixeron que cambiase a percepción do SIDA, que pasou a considerarse unha doenza crónica. Como resultado, baixaron as medidas de protección da poboación e con esto, aumentou o número de infectados.