A relación entre a xenética e a obesidade

A xenética é máis relevante cá dieta ou incluso que o deporte. Esta resultou ser o factor máis importante de cara á propensión a gañar perso e ser obesos. Dous estudos publicados pola revista Nature explican por que algunhas persoas tenden a engordar con facilidade. Todo está nos xenes.

Coñecemos persoas que aínda comendo en cantidade, non adoitan engordar nada ou case nada; pero pola contra tamén hai xente que engorda con moita facilidade aínda ser comer grandes cantidades.

Os científicos procedentes de diversas institucións, analizaron mostras xenéticas de máis de 300.000 persoas co obxecto de analizar  a variación xenética e a súa relación coa obesidade. Os resultados revelaron máis de 140 posicións en todo o xenoma que inflúen nalgúns rasgos da obesidade, tres veces máis que as coñecidas ata agora.

No primeiro estudo, os expertos analizaron onde se almacenaba a graxa no corpo, centrándose no ratio da circunferencia da cintura e da cadeira. Ter a cintura máis grande que a cadeira fai que as persoas máis propensas a sufrir trastornos metabólicos como a diabetes ou problemas cardiovasculares. Os resultados amosaron que as localizacións xenéticas asociadas con depósitos de graxa vinculábanse con xenes previamente relacionados coa creación do texido adiposo ou graxa.

No segundo estudo,o foco foi o índice de masa corporal no IMC. Tras idénticas probas, descubriron 97 rexións no xenoma que influían na inclinación cara a obesidade.

É moi difícil diferenciar entre a herdanza xenética e a herdanza cultural (o aprendido), pero cada vez existe un maior consenso de que o IMC é herdable aproximadamente no 33% dos casos.

Algunhas investigacións amosan que a descendencia dunha parella con peso adecuado ten tan solo entre 7 e 14% de probabilidades de padecer obesidade, a cifra aumneta a 40 e 80% respectivamente, cando un ou ambos proxenitores son obesos. Observouse a mesma tendencia do peso corporal tanto en fillos biolóxicos como en fillos adoptivos de persoas obesas. Isto indica que os modelos de comportamento dos pais ou herencia social, tamén desempeñan un papel importante na xénese da obesidade.

Actualmente sábese que existen varios xenes capaces de causar obesidade ou de aumentar a susceptibilidade de desenrolala; dous son os que recibiron maior atención: o xen ob e o xen beta3-adrenorreceptor. O xen ob codifica a proteína leptina nas células adiposas. A leptina actúa a nivel de hipotálamo e inflúe nos sinais de saciedade. O xen beta3-adrenorreceptor, localizado principalmente no tecido adiposo, regula a taxa metabólica en repouso e a oxidación de graxa no ser humano. Os xenes confiren na susceptibilidade á obesidade, pero deben existir outros factores que a determinen, como son os factores ambientais (culturais, psicolóxicos e actividade física, entre outros).


Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta