Un organismo solitario

A tenia, tamén coñecida co nome de solitaria, é un parásito que pode causar dous tipos de enfermidades parasitarias dependendo de se son poducidas na súa fase adulta ou na larvaria, tamén coñecida como fase intermedia.

Esta, métese no corpo cando o individuo inxire alimentos ou bebidas que están infectadas de gusanos ou dos seus ovos, normalmente  atópanse en carne de porco ou vaca que esta cruda ou mal cociñada. Unha vez dentro do corpo, agarrase á parede interior dos intestinos grazas ás ventosas que posúe na cabeza e aliméntase da comida que o hóspede está dixerindo mediante absorción. A tenia medra agregando novos segmentos que poden reproducirse independentemente e, nalgúns casos, pode ter máis de 900. Este parásito reprodúcese xerando miles de ovos e, o feito de ser hermafroditas, é unha gran vantaxe para elas porque, case na totalidade dos casos, viven illadas.

 

As tenias actúan deste xeito:


 

 

Fase adulta: unha tenia na súa fase adulta é  coma un verme aplanado ao longo, con ausencia de cavidade xeral e sen tubo dixestivo. Están recubertas dunha estructura sincitial que se chama tegumento. En canto á súa lonxitude, pode variar entre 50 cm e 10m.

-Fase intermedia: esta fase pode provocar a enfermidade parasitaria chamada coenurosis ou tamén outra que é  a cisticercosis. A diferenza entre as dúas é que a segunda consta dunha vesícula con un só escólex e,  a primeira, aínda que tamén contén unha  vesícula,  esta é de moito maior tamaño e, ademais, ten varios escólices. O problema máis grave dáse coa cisticercosis xa que é producida polos ovos e, cando saen as larvas, estas buscan lugares axeitados para a súa vida por todo o organismo. Por iso, nalgúns casos, aínda que non moi frecuentes, poden afectar aos órganos vitais podendo causar graves problemas.

Posibles síntomas: dependendo do órgano ao que afecte, o parásito pode ser máis ou menos nocivo. Por exemplo, se a larva se aloxa no cerebro, pode causar trastornos similares a un tumor cerebral ou convulsións e polo tanto, a morte. Se se dirixe aos ollos posiblemente cause a cegueira ou tamén trastornos cardíacos no corazón. Os casos anteriores non son moi habituais xa que o normal e busquen outros lugares como os músculos onde os danos producidos non teñen tanta importancia.

Algunhas formas de prevención importantes para evitar o contaxio son as seguintes:

  • Absterse de comer carne de porco ou vaca crudas ou mal cocidas.
  • Lavarse ben as mans despois da manipulación de carne de animais e tamén despois de defecar.
  • Despois de tratar con pacientes que a posúan.

Todo isto é moi importante para evitar a tenia e tamén serven para  outras posibles infeccións ou enfermidades xa que a hixiene é un factor indispesable para a prevención de calquera tipo de patoloxía.

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.