Ti portas a túa cura

Como reacionarías se che comunicasen que o “fármaco” que che pode salvar a vida, se sofres unha enfermidade como o cancro, está dentro de ti? A terapia xénica está contribuíndo para que isto sexa posible, sendo unha esperanza para aqueles que padecen enfermidades aparentemente incurables. Ademais se na enfermidade que queremos paliar o número de xenes afectados é reducido será máis fácil de encontrar a solución a ela. Pola contra, se a cantidade de material xenético afectado fose maior, como ocorre no cancro, teriamos que saber primeiramente cales son os xenes que nos guiaran á cura de forma máis sinxela. Asimesmo un aspecto clave deste tratamento son os vectores, os encargados de introducir no organismo o que os expertos desexen, son a parte máis fráxil deste proxecto. Polo momento trabállase cos de tipo viral.


O vídeo explica as técnicas da terapia xénica “in vivo” e “ex vivo”.

Este tipo de mediciña, nos seus inicios, foi defraudante xa que non se obtiveron uns bos resultados. Así, atribuíaselle que puidese ser a causante dalgunhas leucemias posto que nalgúns dos nenos burbulla nos que foi posta en práctica detectouse esta patoloxía. En contraposición a estes primeiros resultados, actualmente sábese que pode chegar a ser a cura de moitas cancros, entre eles a leucemia.

Contamos con ensaios que se encontran en fases bastante avanzadas que teñen como obxectivo facerlle fronte a certos tipos de leucemias, cancros de próstata, vexiga e melanoma. Asimesmo tamén experimentan en enfermidades como o parkinson, alzheimer, enfermidades raras neurodexenerativas e musculares. Algúns destes ensaios realizáronse en España, na clínica CIMA-Universidad de Navarra coordinados por Gloria González Aseguinolaza que confía nun futuro prometedor deste tratamento.

Para tratar o cancro esta técnica segue diferentes métodos como pode ser remplazar un  xen supresor do tumor alterado posto que este en versión normal prevería este tipo de doenza. Unha vez implantado pode inhibirse o crecemento do cancro e facer que este se volva máis inofensivo. Doutro xeito introducimos material xenético para bloquear a expresión do oncoxene que ten como función fomentar o tamaño do tumor. Deste modo se contamos con moléculas de ADN ou ARN con ARNm podemos introducilas nas células mediante un vector. Estas moléculas reciben o nome de oligonucleótidos e son capaces impedir que se formen proteínas uníndose ó ARNm blanco e degrádano.

Tamén podemos facer que a resposta inmunitaria do doente sexa mellor. Esto conséguese introducindo xenes que producen citocina nas células canceríxenas posto que van ser as encargadas de estimular esta reacción ante o tumor. Tamén se recurre a inserción de xenes neste tipo de células para volvelas máis vulnerables á quimioterapia, á radioterapia ou a outros tratamentos. A introducción de xenes en células nai sas formadoras de sangue faran que estas sexan máis resistentes ós efectos que poden ocasionar outros tratamentos. Outra forma é facer uso de xenes suicidas  que son capaces de conseguir que o fármaco tóxico se produza en células canceríxenas. Tamén contamos cos xenes que se opoñen á función das células afectadas pola doenza que no seu estado normal formarían vasos sanguíneos. Esto denomínase anxioxénesis.

Finalmente, creemos que se debe invertir neste tipo de tratamentos porque inciden na parte máis vulnerable e forte, ó mesmo tempo, como son os xenes. Así para os doentes son a salvación, que nunca puidemos imaxinar que estivese no noso interior, e para a enfermidade son o seu peor inimigo.

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.