Peste negra

Que é a peste?

A peste é unha enfermidade infectocontanxiosa que afecta tanto a animales como a humanos, causada pola bacteria Yersinia pestis, un cocobacilo que dá lugar a unha enfermidade aguda a miúdo mortal e con potencial epidémico.

A peste pode ser atopada principalmente nos ciclos naturais enzoóticos entre ratas e nas pulgas que se alimentan delas en certas rexións de África, Asia, América e zonas do Sureste europeo (a rexión do Mar Caspio). Polo tanto, as persoas e resto de animais poden contraer a enfermidade mediante a mordedura de ratas ou das propias pulgas. Outra posibilidade é a inhalación de gotiñas respiratorias espelidas por unha persoa ou animal infectado ao toser.

As epidemias prodúcense fundamentalmente cando a enfermidade se transmite ás ratas domésticas. Considérase unha das zoonosis recoñecidas máis antigas e das máis agresivas e potencialmente letais enfermidades bacterianas. O período de incubación considérase de 6 días.

Formas clínicas nas que se presenta:

  • Peste bubónica: Caracterízase polo desenvolvemento de linfadenopatía rexional aguda (bubones), xeralmente na rexión axilar, inguinal ou cervical. É a forma máis frecuente e ten unha taxa de letalidade sen tratamento do 50-60%.
  • Peste septicémica: Ocorre cando a bacteria invade e multiplícase no torrente sanguíneo. Pode ser secundaria á peste bubónica ou ser primaria, sen adenopatía previa detectable. Pouco frecuente, ten unha taxa de letalidade de aproximadamente o 50%, mesmo con tratamento.
  • Peste neumónica: É a menos común, pero a máis letal das formas desta enfermidade. Pode ser unha complicación da peste septicémica ou resultar da inhalación de gotitas respiratorias expelidas por un animal ou un ser humano enfermo de peste neumónica. Preséntase como unha pneumonía severa, con febre alta, disnea e hemoptisis. Os pacientes que non reciben tratamento nas primeiras 24 horas xeralmente morren.

Historia

Ao largo da historia, a peste erixiuse como unha enfermidade cunha capacidade extraordinaria de diseminación nunha determinada poboación. Está considerada a enfermidade infecciosa máis letal ata o día de hoxe, pois estímase que máis de 200 millóns de persoas morreron de peste.

Xa na biblia aparecían referencias a epidemias mortíferas, que serían interpretadas na época medieval como alusións á peste. Non obstante, os primeiros datos verídicos da aparición da peste datan do século VI, a que sería coñecida como peste de Justiniano. Aínda que pasou por períodos de maior e menor letalidade, foi unha praga devastadora, que tivo importantes repercusións económicas, sociais e políticas.

Dende o século VIII ata o XIV, Europa estivo practicamente libre de epidemias. Máis tarde, en 1347, iniciaríase unha epidemia de proporcións descomunais. Non só matou á terceira parte da poboación europea, tamén destruíu a civilización feudal tan ben instalada, distintas contrucións propias da época e causou que se comezase a dubidar de institucións como a Igrexa Católica.

Finalmente, a terceira gran pandemia comezou en China no ano 1855, e desde alí diseminouse a todo o mundo, sendo a India o país máis perxudicado, pois causou máis de 1 millón de mortes por ano.

A partir dese momento, prodúcese unha disminución importante na incidencia e na gravidade da enfermidade, principalmente debido ás melloras na hixiene e ao desenvolvemento da medicina. A pesar de todo isto, seguen existindo focos enzoóticos en todos os continentes, a excepción de Australia.

A peste na actualidade

Agora mesmo, a peste é unha enfermidade que afecta a máis de 3.000 persoas en todo o mundo, sendo Europa un dos continentes menos afectados. Non obstante, grazas a un tratamento axeitado, o 85% dos afectados consigue sobrevivir.  Un dos motivos polos que a enfermidade afecte cada vez a núcleos de poboación máis pequenos é que, ao contrario que ocorre coa gripe, a bacteria cambia moi lentamente.

Loita contra a enfermidade

Prevención: Para combater a enfermidade, é preciso desratizar todas as zonas urbanas e espazos onde habitan ratas. Asimesmo, tamén se deben eliminar as pulgas nos animais carnívoros.

Control: O tratamento con aminoglucósidos (estrepto e xentamicina), tetraciclinas ou florfenicol en fase temprana é bastante eficaz, sobre todo na peste bubónica. Non obstante, os animais afectados poden ser sacrificados.

Erradicación: Baséase na eliminación dos reservorios.


Documental completo:



Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta