A creación dunha nova orde mundial.

Mengaele

Josef Mengele, tamén coñecido como “O Anxo da Morte”, naceu  o 16 de marzo de 1911 en Günzburg (Baviera). De neno destacaba por ser un estudante moi intelixente e cunha gran ambición. Durante a súa etapa universitaria, obtivo os doutorados en antropoloxía e medicina. En 1937 afiliouse ó partido nazi e en 1938, á SS. Durante o inicio da Segunda Guerra Mundial, desempeñou o posto de oficial médico de batallón, pero en 1943 foi enviado ó campo de concentración de Auschwitz, onde realizaría os seus horribles experimentos. Tras a derrota de Alemaña en 1945, exiliouse cara o sur de América, onde se foi movendo por distintos países ata que o 7 de febreiro de 1979 faleceu traxicamente por afogamento.

fafa

O Doutor Mengele, a través dos seus experimentos, buscaba a imposición e o desenvolvemento da raza aria (modelo humano ideal para os nazis). Ademais do seu interese pola xente con heterocromía, suxeitos con anomalías físicas ou deficientes mentais, o que máis lle interesaba eran os xemelgos. Estes eran sometidos a exames semanais, amputacións innecesarias de labios, inoculacións intencionadas con tifo ou outras enfermidades e transfusións de sangue entre os dous irmáns ademais de moitas outras probas execrables. Na actualidade, especúlase que a cifra de falecidos en Auschwitz  é aproximadamente de 2.000.000.

Auschwitz twins

A pesar das contribucións de Mengele á ciencia grazas ás súas investigacións, estas excedían ilicitamente o límite ético. De acordo coa ideoloxía nazi, pretendía someter á humanidade a un proceso de “hixiene racial”, para impoñer definitivamente a supremacía da raza aria. Por isto, buscou a forma de clonar unha nova raza, incluso antes de coñecer a secuencia completa do ADN humano. Pensaba que a clave para a reprodución selectiva radicaba nos xemelgos.

Actualmente a clonación de organismos con fins reprodutivos podería ser unha realidade se non fose pola barreira moral que o impide. Este tipo de reprodución caracterízase pola creación de individuos xeneticamente idénticos. Basicamente despois da unión entre un óvulo e un espermatozoide, o ser humano forma unha soa célula que empezará a dividirse para desenvolverse como un ser completo. Cando queda dividido en catro células, cada unha aínda ten a capacidade de formar un ser humano completo.

Clonación

No século XXI sería posible levar a cabo os proxectos de Mengele para facer unha limpeza racial. Agora preguntámonos, débelle o avance da ciencia algo ao sádico doutor bávaro? Volverá aparecer unha persoa cos mesmos ideais e os medios para alcanzalos?

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta