Unha nova esperanza

O VIH (virus da inmunodeficiencia adquirida) tamén coñecido como SIDA, é unha enfermidade que pode destruir gradualmente o sistema inmunitario, o cal fai que para o corpo sexa máis difícil combatir infeccións.

En un principio, e ata fai uns cinco anos, estaba considerada como incurable mais, hoxe en día, un raio de esperanza veu inundar a humanidade en forma dun posible tratamento que a erradique.

A técnica, actualmente desenvolvida polo Hospital Universitario Aarhus, emprega un potente inhibidor das histonas deacetilasas (HDI) chamado Panobinostat, o cal libera o virus VIH das reservas que crea dentro das células. Unha vacina auxiliar axuda a impulsar a labor inmunolóxica.

A táctica resultou exitosa nas probas in Vitro realizadas dentro do laboratorio, e o Consello de Investigación Danés continúa agora coa súa labor en ensaios clínicos. Agora terán a oportunidade de ver como reacciona o procedemento no corpo de 15 pacientes á espera de resultados. Se calquera deles é curado do SIDA, o tratamento será aprobado a gran escala.

Actualmente, 33.4 millóns de persoas viven con VIH. A medicina moderna permite aos infectados levar unha vida relativamente normal, con poucos efectos secundarios. Porén, deben permanecer esclavizados ao medicamento. Este prometedor avance podería supoñer unha cura definitiva.


Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta