Philae, sonda espacial

SONDA ESPACIAL PHILAE

Philae é un módulo  de aterraxe da sonda espacial Rosetta, que o pasado 12 de novembro de 2014, logrou desprenderse da súa portadora para iniciar unha  exploración sobre o cometa que estaban  a seguir. Desafortunadamente, a sonda foi incapaz de anclarse adecuadamente á superficie do astro ,debido a un fallo electrónico nunha das súas patas, que tras intentalo un par de veces , a derradeira foi a terceira, conseguiu un encaixe o suficientemente forte como para comezar co seu traballo. 

O principal obxectivo da misión é fixarse no cometa, logrado dunha maneira pouco ortodoxa, e analizar e extraer información sobre o solo do mesmo para despois , unha vez na Terra, poidan ser analizados. Logo dunha década agardando polo momento de ver a sonda amarrada ao tan desexado corpo celeste, a misión non resultou segundo esperaban.

Debido, principalmente ao seguinte:

 

  • A sonda non aterrou onde estaba previsto.
  • Foron necesarios tres intentos para acadar o encaixe.
  • Debido a iso, non puido anclarse firmemente.
  • A parte, non pode traballar na superficie ao cento por cento.

Estes factores, non son os únicos, foron os causantes dun gran “efecto en cadea” que fixo que , tras aterrar e amarrarse ao chan nun sitio non previsto, fixo que as súas baterías , que funcionan con enerxía solar, se esgotasen deixando así a Philae nun  “longo sono”. Este feito deixa en evidencia a mala estratexia e planificación empregada polos distintos grupos que levaron a cabo este proxecto que deshonra aos países implicados, entre eles España, deixándoos cunha pobre imaxe digna dunha gran humillación por parte doutras grandes axencias espaciais internacionais.

Ben é certo que non se conseguiu todo o esperado; sen embargo, a sonda foi capaz de enviar unha mensaxe á Terra onde notificaba que xa comezara a extraer probas do solo do cometa, é dicir, que coa pouca batería que gardaba dispúxose a taladrar o rochoso chan do astro. Aínda así, non foron capaces de agachar semellante fracaso con feito de que comezara a traballar.

Deixamos o enlace dun vídeo onde se explica como foi a travesía da nave até o astro.


 

 

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Universo. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta