Na mitoloxía grega, unha serea é unha ninfa filla do río Aqueloo, o maior río de Grecia, e dunha musa, Calíope para uns, Terpsícore, para outros. Cos seus cantos engaiolaba os mariñeiros e provocaba a súa morte contra os cantís que arrodeaban a súa illa. Segundo a tradición grega as sereas vivían nos cantís das costas, como podemos ver nos gravados do mito de Ulises.
A primeira vez que as sereas foron nombradas, foi no viaxe de Ulises, que provén da Odisea de Homero.
Por outra parte, segundo a ciencia, foron encontradas varias probas de que as sereas en realidade non son seres atractivos, nin con forma dunha muller fermosa, senón que son unha especíe de humanoides con cola de peixe.
En 2012, a NOOA (National Oceanic and Atmospheric Administration) a Axencia Federal de Estados Unidos, sentiu a necesidade de declarar oficialmente que as sereas non existen, apenas son criaturas mitolóxicas que se narran desde tempo inmemoriais. Porén, non todos están de acordo. Hai moitos científicos que fixeron interesantes teorías sobre a existencia, no pasado evolutivo humano como o “simio acuático”.
- Relativa Calvicie: Outros homínidos están cubertos de pelo, aínda que veñan das mesmas áreas do mundo onde a humanidade evolucionou . Segundo a Teoría do Simio Acuático (TMA) foi porque eles estaban pasando moito tempo no auga. Como con outros mamíferos acuáticos, todo ese pelo foise no camiño.
- Bipedismo: A habilidade de camiñar sobre dúas pernas danos grandes vantaxes sobre outros animais, é dicir a capacidade de movernos a altas velocidades sen deixar de ter as nosas mans dispoñibles para o uso da ferramenta (ou arma). Pero os partidarios da TSA din que esta adaptación non evolucionou na sabana, senón no océano. Un corpo vertical daría aos nosos antepasados unha vantaxe cando se trata de chegar á superficie e respirar o aire ou manter as súas cabezas fora da auga cando vadean en augas pouco profundas.
- Graxa corporal: Os seres humanos teñen máis graxa que calquera outro primate e gañan graxa a un ritmo excepcional en comparación con outros mamíferos. Quizais creas que isto é debido á comida rápida e as horas felices comendo as túas alitas de pollo, pero segundo a TSA é porque, como as baleas e golfiños, os nosos antepasados foron mamíferos acuáticos.
- Grandes cerebros: Algúns defensores da TSA insinuaron que a nosa relación de cerebro a corpo é impresionante debido a un pasado acuático.
- Sistema respiratorio: Os defensores do TSA suxiren que a nosa capacidade de controlar a nosa respiración é inusual para un mamífero e máis indicativo daqueles que se desenvolveron nun ambiente acuático. Ademais, a posición da larinxe parece máis como dun mamífero acuático e é diferente doutros mamíferos terrestres.