Parecémonos, ou non?

 Neste artigo, imos falar sobre as similitudes e as diferenzas entre os seres humanos e os nosos primos máis cercanos, os chimpancés. Compararemos o noso esqueleto co deles, e sacaremos conclusións.

COMPARATIVA ESQUELETO DO CHIMPANCÉ CO ESQUELETO DUN HUMANO

Como podemos observar a simple vista, os chimpancés teñen os mesmos osos ca unha persoa normal, a pesar de que variaron o seu tamaño e forma, debido a que se tiveron que adaptar aos novos costumes e habilidades que foron adquirindo ao longo do tempo.

Porén, os humanos temos as extremidades superiores máis curtas, e a nosa cadeira, a cal se fixo máis curta e ancha, tamén tivo que cambiar a súa orientación. Isto fixo que nos fose posible camiñar de pé, aínda que dificultou o parto. Outra característica apreciable a simple vista, son os brazos dos chimpancés, que son máis longos debido á súa forma de camiñar.

A continuación, veremos os cambios que sufrimos respecto aos chimpancés en maior profundidade.

  • O CRÁNIO:

Como se apreza nas imaxes, as principais diferenzas son: a capacidade cranial, o tamaño e a disposición da mandíbula, e o tamaño das pezas dentais.

No referente á capacidade cranial observamos que a principal diferenza débese ao tamaño do cerebro que posuían (un cerebro humano é equivalente a 3 veces o cerebro dun chimpancé; o cerebro humano ten unha capacidade aproximada de 1,5 L). Os cránios humanos teñen maior espazo redondeado para poder albergar dunha maneira mellor o seu cerebro. No caso do cránio dos chimpancés, podemos aprezar unha especie de cresta no lugar onde se unen os músculos do pescozo. 

En canto á mandíbula, vemos que, no caso do chimpancé, está máis cara adiante que a parte superior do cránio, e teñen crestas nas cuncas dos ollos. A nosa especie, en comparación, ten a cara cunha forma máis esférica, e cunha frente e un mentón (os humanos son os únicos primates con mentón).

Nos dentes atopamos unha gran diferenza, xa que os dentes dos símios son notablemente máis grandes que no caso da especie humana. Os chimpancés teñen caninos afiados, e os dentes superiores apoianse sobre os inferiores cando pechan a boca. Os dentes das persoas son máis regulares .

 

  • A CADEIRA

No caso da cadeira, o cambio máis destacable é o seu tamaño; no caso dos chimpancés era máis grande debido á súa forma de andar. Posteriormente, foi evolucionando para adaptarse a nova forma de andar dos humanos, e a pelve rotou  e modificouse para poder soportar o peso do corpo humano e repartilo polas pernas. O parto tamén tivo que sufrir modificacións, pois mentres que nos chimpancés tratábase dun parto fácil, debido ao amplo espazo pélvico e a pequena cabeza do feto; mentres que no caso dos humanos, o feto debe percorrer unha distancia aproximada de 13cm. e atravesar unha curva para saír do ventre da nai.

  • OS BRAZOS E AS PERNAS

Nos cambios que se produciron entre o ser humano e o chimpancé no respecto as pernas e brazos, o cambio principal  é a lonxiude dos brazos, que como podemos observar na imaxe no caso dos chimpancés son notablemente maiores, debido a forma de camiñar que tiñan estes animais. Ademais, os ósos das pernas destes simios caen perpendiculares ao chan, mentres que os dos humanos caen dun xeito máis oblicuo.

 

Outros cambios observanse nas mans á hora de coller obxectos. Na imaxe apréciase coma o movemento que realizamos para agarrar algo, lles resulta moi complexo a estes mamíferos.

 

 

Nos pés tamén se atopan diferenzas; no caso dos chimpancés, os pés son moi parecidos ás mans; a causa disto, podería ser que necesitaban agarrarse cos pés ás ramas das árbores polas que trepaban. Ao evolucionar cara os humanos, seres que camiñaban polo chan, esas “mans” evolucionaron tamén, para camiñar mellor polo solo.

Feitas as comparacións dos esqueletos, vemos que os chimpancés pasaron a camiñar arrastrando as mans polo chan a camiñar totalmente ergueitos, o que tamén supuxo un cambio no centro de gravidade en ambos animais. Na imaxe inferior podemos observar como variou:

 

 

Citadas as pricipais variacións durante a evolución do chimpancé, cremos que está claro que os seres humanos procedementos de ancestros comúns cos chimpancés, pois somos semellantes en moitos aspectos, e as variacións que sufriron os chimpancés cadran coas actuais características dos humanos.

 

 
Esta entrada foi publicada en Evolución, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.