Hai 231 millóns de anos existiron uns seres vivos chamados dinosaurios, que apareceron durante o período Jurásico. Estes animais caracterizábanse polo seu gran tamaño, xa que se quedan pequenos os propios elefantes en comparación.
Eran bípedes a maioría, pero moitos eran cuadrúpedos e algúns podían alternar os dous tipos de locomoción. Os cornos ou crestas eran comúns a todos os grupos de dinosaurios e algúns, desarrollaron modificicacións esqueléticas como: armadura ósea e espiñas. Durante o s.XX os científicos crían que estes animais eran lentos e de sangue fría pero, máis adiante, descubríuse que eran activos, con metabolismos altos e adaptacións numerosas para a interacción social.
Os dinosaurios eran ovíparos , é dicir, reproducíanse mediante ovos. Por outro lado, clasificábanse segundo a súa alimentación: carnívoros, herbívoros, carroñeros, etc.
CARNÍVOROS:
Neste grupo os máis coñecidos son:
- Velociraptor
Este dinosaurio non resaltaba polo seu tamaño xa que era un dos carnívoros máis pequenos desta especie. Por outro lado, era un dos máis rápidos, chegaban a correr como un avestruz ou incluso máis, xa que se di que forma parte da ascendencia desta. Tampouco resaltaba pola súa mandíbula se non que posuía unha uña que cortaba coma unha navalla, estaba situada no seu primeiro dedo do pé como se pode ver na imaxe.
- Tiranosaurio rex
Este sen dúbida é un dos carnívoros máis coñecidos do mundo dos dinosaurios. Foi un gran carnívoro bípedo cun grande cránio equilibrado por unha cola larga e pesada. Os membros dianteiros deste animal eran pequenos , pero inusualmente fortes para o seu tamaño. É un dos carnívoros máis grandes medindo ata 12,3 metros de loxitude, 4 metros de altura e de 6 a 8 toneladas de peso. Pero existe un debate entre paleontólogos de si era un depredador ou un carroñero.
- Espinosaurio
Espinosaurio
O espinosaurio puido ser o máis grande de todos os dinosaurios carnívoros, máis grande aínda ca o Tiranosaurio Rex. Tiña de 12,6 a 18 metros de lonxitude e de 7 a 20,9 toneladas de peso. O cránio do espinosaurio era longo coma o dun cocodrilo. O membro máis distintivo do Espinosaurio eran as espiñas, que consistían en extensións das vértebras e medraban ata 1,65 metros de altura. A esta estructura atribuíronselle diversas funcións, unha delas era para nadar. Este animal podía camiñar coas catro ou coas dúas patas traseiras e dicíase que se alimentaba de pescado. Podía estar debaixo da auga ou vivir na terra coma un cocodrilo actual.
OS HERBÍVOROS:
- Triceratops
Posuía unha gran cola ósea e tres cornos, era a súa arma de protección. Tiña un corpo moi forte e camiñaba a catro patas. Presenta semellanzas co actual rinoceronte, tamén é un dos dinosaurios máis recoñecidos. Tiñan un tamaño entre os 7, 8 e 9 metros de largo e chegaban a medir 3 metros de altura. Pesaban entre 6 a 12 toneladas. A cabeza era o trazo máis característico deste animal porque era unha das máis grandes dentro desta especie.
- Parasaurolophus
Este herbívoro era bípedo camiñaba normalmente a dúas patas pero tiña a capacidade de empregar as catro para desprazarse.
Este animal destaca pola súa elaborada cresta cranial con forma de tubo orientado cara atrás. A cresta foi obxecto de moitas discusións entre paleontólogos e, atribuíronselle funcións de recoñecemento entre eles e de resonancia acústica. O cránio mide 1,6 metros de largo incluindo a cresta e o peso estimado del é de 2,5 toneladas.
- Braquiosaurio
O braquiosaurio ten unha característica moi importante en relación cos seus membros xa que pola contra dos demais dinosaurios este tiña máis curtos os traseiros ca os dianteiros. Tamén é un dos animales máis grandes que camiñaron sobre a Terra convertíndose nun dos dinosaurios máis populares. Presentaba unha constitución parecida á das xirafas. Estímase que pesaba de 35 a 60 toneladas e que podía chegar a medir 13 metros de altura e 25 de largo, pódese ata comparar cunha construcción actual importante. Ademais tiña dentes de espátula e as fosas nasais na parte superior da cabeza, crese que utilizaba as fosas nasais para bucear, e que pasaba a maior parte do tempo sumerxido na auga para compensar a súa gran masa corporal.
CURIOSIDADES
En conclusión, a pesar do lonxe que nos atopamos da época dos dinosaurios, cada vez que miremos a un paxaro poderemos sentirnos máis cerca deste animais.