Homínidos Ibéricos.

Na actualidade descubríronse fósiles na península Ibérica con 500.000 anos de antiguidade. O primeiro descubrimento producíuse en 1994 cando os investigadores atoparon ósos dunha nova especie de homínido, o Homo Antecessor no xacemento de Gran Dolina na Serra de Atapuerca.

Este novo homínido correspondía a un eslabón medio entre o Homo Erectus e o Homo Heidelbergensis e está considerado o primeiro home “europeo”. Estes homínidos caracterizábanse por ter unha morfoloxía facial similar a do Homo Sapiens, a súa capacidade cranial está estimada entre 1000 e 1100 cm³, a súa altura era de entre 160 e 185 cm con un peso de entre 60 e 90 kg.

 

Posteriormente atopáronse restos do Homo Heidelbergensis ( considerado o ancestro do Homo Neanderthalensis ), estes individuos podían chegar a medir 1.75m e cun peso de 62Kg nos homes, e 1.57m e un peso de 51Kg nas mulleres. A súa capacidade cranial estaba entre os 1100cm³ e os 1400cm³. A súa esperanza de vida rondaba entre os 40 e os 45 anos. Tratábase dun hóminido sociable organizado en pequenos clans, eran cazadores e recolectores, fabricaban ferramentas e vestimenta, e vivían en cabanas de madeira ou en covas.

Logo do Homo Heidelbergensis apareceu o Homo Neanderthalensis, tratábase dun homínido cuxa estatura rondaba o 1,65m de media, de constitución forte, cunha capacidade cráneal duns 1550cm³. A súa esperanza de vida rondaba  os 40 anos nos homes e os 30 nas mulleres. Eran homínidos cazadores e recolectores, podendo alimentarse de grandes feras como os mamuts, ademais tamén se alimentaban de marisco algo que se cría exclusivo do Homo sapiens. Estos homínidos xa contaban cunha linguaxe propia parecida á linguaxe moderna. Rendían culto aos seus difuntos e realizaban certas expresións artísticas.

 

Segundo os estudios actuais os humanos temos unha parte do ADN que provén dos neandertais, o que indica que houbo cruces entre neandertais e sapiens.

 

Ao mesmo tempo  apareceron por toda a península xacementos do Home de Cromagnon ou Homo Sapiens, estes individuos substituían ao Homo neanderthalensis e son os precedentes das actuais razas humanas. A súa capacidade craneal era de menos de 1500 cm³, nestes individuos aparece un gran desenvolvemento do lóbulo frontal o que lles outorga unha capacidade racional superior a do resto de animais. Estes homínidos poden chegar a medir ata 170 ou 180 cm e pesar entre 70 e 100 kg de media.

A súa alimentación era moi variada xa que empezaron a cultivar os primeiros alimentos e a domesticar animais. Vivían en pequenos grupos en chozas ou en pequeñas aldeas, estes civilizacións xa afrontaban a morte dunha maneira diferente polo que facían ritos funerarios e tíñanlle culto aos mortos.

 


 

Árbol xenealóxico da evolución humana.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Evolución, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta