Canto temos de Neanderthal?

Svante Pääbo, director do instituto Max Planck de antropoloxía evolutiva, en Leipzig, sorprendeu ao mundo cun dos seus proxectos máis ambiciosos. A secuenciación do xenoma dun home de neandertal. Dese traballo surxiu  sorpresa de que outra especie intelixente desaparecera hai uns 30000 anos e que convivira co Homo sapiens en Europa durante miles de anos. Por todo isto o home de neandertal deixou pegada en nós, excepto nos africanos.

Pääbo descubriu  que entre o 2% e o 4% do xenoma actual dos non africanos está herdado do home de neandertal. Este cruce entre ambas especies levouse a cabo ente fai 40000 e 80000 anos.

Por outra parte, científicos da universidade de Washington aseguran que a pesar de que a porcentaxe de xenes de neandertal é pequeno en cada individuo, en total podería haber sobrevivido nos humanos modernos ata un 20% do seu xenoma completo, se sumamos as partes herdadas polas diferentes poboacións que habitan hoxe no planeta. Ambos equipos coinciden en sinalar que varias zonas do noso xenoma están practicamente libres da presenza dalgún xen neandertal, o cal suxire que algunha partes da “herencia” resultaban perxudiciais para nós e non se incorporaron ao noso xenoma. Todo o contrario que sucede noutras seccións, nas que se concentran máis xenes neandertais do que se esperaba. Esas secuencias sobreviviron ao noso xenoma porque aportaban algunha vantaxe adaptativa clara aos nosos antepasados.neandertal-museo-2--644x362.jpg

Ademais o equipo deuse de conta de que as partes do noso xenoma nas que menos herencia neandertal podemos topar son: a línea xerminal masculina (os testículos) e os xenes do cromosoma X. Este patrón asociouse con outros estudos feitos con animais e que se denominou “infertilidade híbrida”, según a cal a descendencia dun macho pertencente a unha subespecie que se cruza cunha femia pertencente a outra resultan fillos estériles. Este é o caso dos mulos froito entre cabalos e burros que non poden ter descendencia.

Por último cabe destacar que os investigadores puideron demostrar que ata nove variantes xenéticas modernas estan herdadas directamente dos neandertais. Variantes que afectan a enfermidades relacionadas co sistema inmune e tamén con determinados comportamentos como a capacidade de deixar de fumar. O equipo espera que no futuro se poidan identificar moitas máis variantes de orixe neandertal.


 

 

Esta entrada foi publicada en Evolución, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.