O campo magnético esténdese dende o núcleo interno da Terra ata o límite no que se atopa o vento solar, unha corrente de partículas enerxéticas que saen do Sol. Pódese considerar coma un imán de barra en aproximación ó campo creado por un dipolo magnético inclinado 10 grados, con respecto ó eixe de rotación. Ó contrario co campo magnético dun imán o terrestre muda co paso do tempo debido ó movemento das aleacións de ferro fundido que hai no núcleo externo.
Estudos demostran que non sempre existiu esta inversión xa que durante algúns períodos xeolóxicos o campo magnético mantivo unha soa orientación. A última reversión da que se teñen datos foi a de Brunhes-Matuyama, que sucedeu fai 780 000 anos, aproximadamente.
Hoxe en día sábese que a reversión xeomagnética é un cambio na orientación do campo magnético terrestre. Deste xeito, as posicións do polo norte e do sur magnético intercambianse. Estes eventos, que duran entre centos e miles de anos, con frecuencia provocan un descenso prolongado e perigoso da forza do campo magnético. Despois dunha recuperación rápida establécese a nova orientación.
A opinión científica atópase dividida ó tratar de explicar as causas da reversión xeomagnética. Aínda así, moitos cren que isto é un aspecto inherente da Hipótese da dínamo pola maneira na que se xera o campo xeomagnético. En experimentos científicos observouse que as líñas do campo magnético poden, en ocasións, entrelazarse e incluso desorganizarse. Isto é debido ós movementos caóticos de metal líquido no núcleo externo. Así, este proceso mostra como os campos magnéticos se invirten espontaneamente dando lugar á orientación contraria.
Ademais esta teoría respáldase nas investigacións feitas co campo magnético solar, que experimenta reversións cada 7 ou 15 anos. Non obstante, podemos percibir que no caso do Sol a intensidade magnética aumenta durante a reversión. Mentres, no caso do noso planeta, estas parecen ocorrer durante unha diminución da forza do campo magnético.
Na actualidade, o campo magnético estase debilitando. No caso de que este proceso continúe produciríase a súa debilitación temporal sobre os anos 3000 ou 4000. Facendo que a Terra quedase exposta a un incremento da radiación cósmica.