A forza bruta ten un nome

O Homo neanderthalensis é unha especie do xénero Homo que habitou a Terra durante o Pleistoceno medio- superior (230 000 anos – 28 000 anos aproximadamente), aínda que culturalmente se podía situar no Paleolítico medio. Están estreitamente relacionados cos humanos actuais, diferindo no ADN unicamente nun 0.12%. Probas xenéticas determinan que o cruzamento entre o home de neandertal e o homo sapiens axudou á constitución do material xenético dos humanos actuais. Considérase que unha persoa agora ten un 2% dos xenes procedentes do Neanderthalensis.

Anatomía do Homo Neanderthalensis

Desde o punto de vista anatómico, o home de Neandertal era de complexión máis robusta que os humanos actuais e rasgos morfolóxicos moi distintivos, especialmente no cranio. Eran moito máis fortes, aínda que de estatura algo menor que os modernos, os homes medían de media entre 164 e 168 cm , mentres que as mulleres entre 152 e 156cm. Os seus brazos e músculos eran máis longos, así coma unha caixa torácica de maior tamaño, ao contrario que as súas pernas. Ademais, o centro de gravidade teríano desprazado máis cara abaixo o que suporía a carencia da capacidade de amortiguación e de absorción do choque dos humanos actuais.

Tendo en conta todas estas diferenzas, plantexámonos a seguinte cuestión: Nunha pelexa entre un humano moderno e un home de Neandertal, quen gañaría?

Debido ás tarefas diarias que realizaba un neanderthalensis, tales como matar mamuts, desenvolvería unha musculatura superior a nós., isto daríalle unha clara vantaxe de forza. Por outra parte, o Homo sapiens conta con máis resistencia e cunha intelixencia superior.

Obviando que se tratan de conxecturas e de especulacións, un home actual tería moitas posibilidades de derrotar a un neandertal nun combate corpo a corpo estando desarmados se consegue aguantar a súa carga inicial e resistir ata que o neandertal caia rendido.

Un Homo sapiens tamén podería utilizar a altura e a intelixencia ao seu favor, xa que podería desenvolver ou coñecer técnicas de loita. Isto poderíase comparar cunha pelexa entre un individuo que sabe artes marciais contra outro de maior tamaño pero menos habilidoso.


 

Esta entrada foi publicada en Evolución, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta