O Creacionismo: Deus, o Pai da vida.

creacionismo é a crenza, inspirada en dogmas relixiosos, que dita que a Terra e cada ser vivo que existe actualmente proveñen dun acto de creación por un ser divino; sendo creados eles de acordo cun propósito divino. Por extensión, o adxectivo creacionista empezouse a aplicar a calquera opinión ou doutrina filosófica ou relixiosa que defenda unha explicación da orixe do mundo baseada nun ou máis actos de creación por un Deus. O creacionismo destácase principalmente polos “movementos antievolucionistas”, o principal obxectivo destes movementos é obstaculizar ou impedir o ensino da evolución nas escolas e universidades. Segundo estes movementos creacionistas, os contidos educativos sobre bioloxía evolutiva han de substituírse, ou polo menos contrarrestarse, coas súas crenzas e mitos relixiosos ou coa creación dos seres vivos por parte dun ser intelixente.

Existen creacionismos asociados a moi distintos credos: cristianismo nas súas diversas variantes, islam, xudaísmo, relixións indíxenas americanas… O movemento creacionista politicamente máis activo e coñecido é de orixe cristiá protestante; e está implantado, principalmente, nos Estados Unidos.

Creacionismo clásico

Os creacionistas clásicos negan o feito científico da evolución, a teoría da evolución biolóxica e, especialmente, a evolución humana, ademais das explicacións científicas sobre a orixe da vida. Por isto rexeitan todas as probas científicas (fósiles, xeolóxicas, xenéticas, Bioloxía evolutiva, etc).
No creacionismo clásico de orixe cristiá fai unha interpretación literal da Biblia e sostén a creación do mundo, os seres vivos e o cataclismo do Diluvio Universal tal como está descrito no Xénese, sen pretender concretar de xeito científico a orixe das especies.

Creacionismo contemporáneo

A diferenza do creacionismo clásico, no creacionismo máis contemporáneo trátase de utilizar igualmente fundamentos de carácter non relixioso, a partir de descubrimentos ou coñecementos de disciplinas científicas, que se presentan como pretendidas probas contra a evolución. Fálase así de creacionismo científico. Non obstante, non se segue o método científico, non se producen hipóteses e estas “probas” que presentan son seleccionadas, modificadas e en moitos casos, terxiversadas.
Debido ás súas características, o creacionismo contemporáneo non logra reunir en ningunha das súas formas as características dunha teoría científica; e por iso só poden chegar a describirse como unha proposición pseudocientífica.
Por outra parte, o creacionismo contemporáneo trata de esvaecer a distinción entre feito evolutivo (parentesco e transformación das especies ao longo do tempo) e teoría da evolución (síntese evolutiva moderna), englobándoo todo co termo “evolución”, “evolucionismo”, ou mesmo “darwinismo“, e descalificándoo como unha “simple teoría”. Así intenta negar o feito de que a teoría da evolución é considerada unha das máis grandes e sólidas teorías científicas actuais, a cal describe un ” feito real e comprobado” cientificamente; produto de que non existen probas ou evidencias científicas que refuten o descrito na síntese evolutiva moderna.

Todas as formas de creacionismo nomeadas anteriormente son consideradas formas de creacionismos anti-evolución que require a intervención directa dun creador. Ademais deste tipo de creacionismo, existe o creacionismo pro-evolución expresado no creacionismo evolutivo e nunha postura filosófica chamada evolución teísta; o creacionismos pro-evolución cre na existencia dun creador e un propósito, pero se acepta que os seres vivos se formaron a través dun proceso de evolución natural.
Esta última forma de creacionismo non interfire coa práctica da ciencia, e non é presentado como unha alternativa ao neodarwinismo; senón só como un complemento filosófico e/ou relixioso á teoría da evolución.


Esta entrada foi publicada en Evolución, Materia CCMCO e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta