Moita xente responderá que si a esta pregunta, pero actualmente aínda non temos a tecnoloxía axeitada para probalo. Co avance dos anos fixéronse distintas investigacións en Marte, nas cales se puido demostrar que fai millóns de anos puido haber vida nesta planeta debido a que presentaba unha atmosfera máis densa e auga líquida en abundancia.
Hai pouco un estadounidense chamado Rawhn Joseph demandou a axencia espacial por ocultar información. O demandante solicita que se abra unha investigación pola aparición dunha pedra “misteriosa” con forma de donut xa que el está moi convencido de que é un organismo vivo, máis concreto, un fungo. A NASA considera que é só un anaco de pedra, pero este ciudadano está convencido de que é un fungo e se a axencia espacial non o investiga, el mesmo di que vai chegar ao final da investigación.
Todo isto non son máis que teorías e suposicións, pero ata agora, non hai probas concretas de que exista vida en Marte.
- Marte nunha posible Terraformación
Por outra banda, descubriuse un novo planeta chamado Kepler-22b, recibiu este nome debido a que foi descuberto por un telescopio espacial chamado Kepler. É máis pequeno que Neptuno e é o primeiro planeta habitable que se encoutrou no sistema. A zona encóntrase nunha rexión onde podemos atopar unha superficie coa temperatura preparada para ter auga líquida ( requisito fundamental para a vida). O Kepler-22b está orbitado ao redor dunha estrela que se pode dicir que é xemelga ao Sol.
O novo planeta ten ao redor de 2,4 veces o radio da Terra, pero os científicos aínda descoñecen a composición do planeta. O equipo segue investigando, xa que a masa de Kepler pode ser calculada coa axuda dun novo instrumento localizado nas Illas Canarias e que comezará a utilizarse a vindeira primera. Haberá que esperar ata entón para saber se neste novo planeta podemos atopar vida ou noon.
Pero séguense descubrindo planetas extrasolares con este telescopio espacial e reciben todos este nome pero con diferentes números, a gran maioría deles estanse estudando porque tamén teñen características similares á Terra. Aquí mostrámosvos unha imaxe de todos eles en comparación co noso planeta.
En conclusión, sabemos que o Universo é inmenso e se demos atopado planetas similares ao noso é posible que en moitas outras galaxias poida haber diversas especies de seres vivos que nós descoñecemos por completo e que tardaremos anos e anos en descubrir.