O asasino silencioso cunha máscara recoñecida

Outubro comeza coa campaña Toca, contra o Cancro de Mama.

En España cada ano 22.000 persoas son diagnosticadas con cancro de mama, case todas elas son mulleres.

Estímase que o risco de padecer Cancro de Peito ao longo da vida é aproximadamente dunha de cada oito mulleres. Nas mulleres menores de 35 anos non soe aparecer aínda que é posible. Segundo aumenta a idade tamén aumenta a posibilidade de padecer cancro de mama, sendo a maioria das mulleres afectadas maiores de 50 anos.

Se na familia se ten antecedentes de parentes con este tipo de cancro as posibilidades de padecelo é maior e máis se a persoa o tivo antes da menopausia ou se o cancro afectou aos dous seos.

O Cancro de Mama é o tumor maligno que se orixina no tecido da glándula mamaria. Cando as células tumorais proceden do tecido glandular da mama e teñen capacidade de invadir os tecidos sanos do arredor e de alcanzar órganos alonxados e implantarse neles, falamos de Cancro de Mama.

O tumor pode medrar de tres maneiras:

  • Crecemento local: Crece por invasión directa, infiltrando estruturas veciñas como a parede torácica e a pel.
  • Diseminación linfática: A rede de vasos linfáticos que posee a mama permite que o drenaxe da linfa efectúese a varios grupos ganglionares. Os ganglios situados na axila (axilares) son os máis frecuentemente afectados, seguidos dos situados na arteria mamaria interna (zona central do tórax) e os ganglios supraclaviculares (encima da clavícula)
  • Diseminación hematógena: Realízase a través dos vasos sanguíneos preferentemente cara os ósos, pulmón, fígado e pel.

O Día Internacional de Loita contra o Cancro de Seo converteuse nos últimos anos nun acontecemento que reune a millóns de habitantes a nivel mundial, con diversas actividades nas que a cor rosa é unha constante como emblema oficial desta loita.

Os principais tratamentos cos que se soe tratar o cancro de mama son:

  • Cirurxía: Dependendo do tamaño do tumor pódese extirpar só unha parte do tecido mamario, pero se polo contrario o tumor é moi grande hai que extirpar toda a mama.
  • Radioterapia: Consiste en dirixir unha elevada concentracción de raios X hacia un punto concreto, para eliminar as células cancerosas.
  • Quimioterapia: Medicamento antineoplástico, que actúa destruindo as células que se dividen rapidamente e que provocan esta enfermidade.

 

 


 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta