O virus de Marburgo (FHM) é unha enfermidade que garda certa similitude ca do ébola. Produce as mesmas febres hemorráxicas virales e ao seu paso provoca diversas mortes. Esta enfermidade identificouse por primeira vez a Marburgo e Frankfurt (Alemaña) e Belgrado (Serbia) en 1967. Este virus, cuxa letalidade de morte se aproxima ao 88%, foi trasmitida polos monos verdes africanos,importados de Uganda.

cmco monitos.jpg images.jpeg

(Cercopithecus aethiops)

A principal fonte de infección prodúcese pola exposición prolongada de nós,os humanos, a covas habitadas por coloniais de morcegos.

Comoro-rousette.jpg (Roussetus)

O contaxio  dunha perso a outra prodúcese polo contacto estreito con esta a través do sangue,secrecións, órganos ou outros líquidos corporais de persoas que contraen esa enfermidade, é dicir están contaxiados. Nos funerais as persoas doídas que teñen contacto co corpo do difunto,poden chegar a converterse en portadores do propio virus. Entre o día 2 e 21, obsérvanse os síntomas nos infectados, son días cruciais para coñecer aos portadores desa enfermidade. O virus de Marburgo con febre elevada, gran dor de cabeza e malestar ; tamén son frecuentes as dores musculares, así como a aparición ao terceiro día de diarrea acuosa, dor, cólicos abdominais, nauseas e vómitos. Algúns pacientes presentan graves hemorraxias entre os días 5 e 7. O sangue fresco nas feces e nos vómitos soen desencadear sangrado por o nariz, a vaxina e as enxivas.

O tratamento nestes casos consiste na introducción de suero e líquidos por vía intravenosa. Ata este momento non se deu coñecer ningunha vacina contra esta enfermidade tan perigosa, pero nos laboratorios seguen a buscar algunha cura.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.