Viaxando polo Universo

O físico teórico estadounidense John Wheeler, en 1957, introduciu o termo “Buraco de verme”, que consiste nun túnel que conecta dous puntos do espazo-tempo, ou dous Universos paralelos. Aínda que non está demostrado a súa existencia, matematicamente son posibles.

Por que se chama así?

A semellanza deste buraco cun verme atravesando unha mazá, deu lugar a que se denominase así. Os buracos de verme son atallos no tecido do espazo-tempo, que unen dous puntos moi distantes e permiten chegar máis rápido que se se atravesara o Universo á velocidade da luz.

Teorías científicas:

Segundo  Einstein, os buracos de verme teñen unha entrada e unha saída en puntos distintos. O túnel que os conecta está no hiperespazo, que é unha dimensión producida por unha distorsión do tempo e da gravidade.

Einstein e Rosen plantexaron esta teoría ao estudar o que ocurría no interior dun buraco de verme. Por iso se chaman tamén Ponte de Einstein-Rosen.

Hai dúas clases de buraco de gusano:

-Intrauniverso: conectan dous puntos alonxados do Cosmos.

Interuniverso ou buracos de Schwarzschild: conectan dous Universos diferentes.

Un exemplo simple da métrica dun buraco de gusano atravesado podería ser o seguinte:

ds^2= - c^2 dt^2 + dl^2 + (k^2 + l^2)(d \theta^2 + \sin^2 \theta \, d\phi^2)

Que pasaría se viaxásemos a través dun buraco de verme?

Se conseguimos realizar unha viaxe a través dun buraco de verme, poderíamos aparecer preto de Plutón ou nunha galaxia situada moi lonxe do noso planeta. Agora podemos ver como sería esa viaxe a través dun túnel no espazo-tempo, grazas a unha animación que fixo Andrew Hamilton, un astrofísico da Universidade de Colorado en Boulder.

http://bcove.me/bxh2eew7

Primeiro, caes libremente a través do horizonte externo dun buraco negro. Cando chegas ao horizonte interior ves un fulgor infinitamente enerxético do mundo exterior que contén  unha imaxe da historia completa do Universo.

Nun buraco negro real debido ao estalido serías vaporizado, pero a visualización asume que tes a capacidade de sobrevivir. Cando saes dun buraco negro, entras nun de verme onde o fluxo do espacio xirase e comezas a acelerar de volta ao exterior.

O buraco de verme finaliza na entrada dun branco, que é unha versión invertida no tempo dun buraco negro. En vez de caer cara o interior, o espazo cae cara afora a unha velocidade superior á da luz. Rapidamente experimentas outro fulgor de radiación, pero agora contendo unha imaxe do futuro do Universo.

Ao moverte a través dun buraco branco, ves un terceiro fulgor de luz cando alcanzas o seu horizonte externo. Agora, aparece un novo Universo, contendo unha imaxe de todo o seu pasado. Mentres, a cámara da a volta, podes ver o buraco branco desde o que apareciches e unha imaxe do antigo Universo. Aínda que esto é o máis cerca que podes estar dunha viaxe  través dun buraco de verme neste momento, novas teorías da gravidade poderían facer posibles estas viaxes.


Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Viaxando polo Universo

  1. 21a di:

    Gran traballo sobre un tema do que se sabe tan pouco como son os buracos de verme. Por outra parte, a estruturación é moi acertada e está acompañada de rechamantes documentos gráficos. A seguir así.

  2. 41a di:

    En xeral é un tema moi interesante e soubestes como exprimir todo de el. O traballo está moi ben estructurado e con moita información axeitada.

Deixa unha resposta