Unha “bomba biolóxica” creada por morcegos

O ébola é un virus procedente dos morcegos fruxívoros de África. Estes mamíferos son os que, nun principio, lle transmitiron a enfermidade aos chimpancés.

Algúns destes primates infectados, atopábanse nun cargamento rumbo a tres diferentes laboratorios de experimentación; dous en Alemaña, concretamente en Frankfurt e Marburgo; e outro na antiga Iugoslavia, en Belgrado.

Mentres estudaban a estes animais, os científicos ocupados desa tarefa non empregaron medidas de protección axeitadas. Esto fixo que o virus se espallase entre o persoal, provocándolles altas febres, dores de cabeza acompañado de diarrea e vómitos con sangue.

Posteriormente descubreuse que ese virus pertencía á mesma orde que o virus do sarampelo, poñendolle así o nome de virus Marburgo, converténdose no primeiro exemplar dun grupo chamado Filovirus, debido á súa forma.

En 1976, apareceu un filovirus semellante ao Marburgo en Sudán, e na República Democrática do Congo. Proviña dos morcegos da froita, e nomeárono Ébola debido a un río próximo. Tiña unha taxa de mortalidade moi elevada, de arredor do 88% en Zaire, e do 53% en Sudán.


De estos morcegos, que eran portadores da enfermidade, aínda que non a padecían, pasou a outros seres vivos ou seres humanos que se alimentaban deles. Como o virus pode subrevivir varias horas despois de que o corpo morra, puido ser un factor importante na súa transmisión, porque en África Occidental as persoas manteñen contacto directo co falecido, ademais de que os brotes se produciron principalmente en zonas e aldeas pouco pobladas e de difícil aceso para os sanitarios.

Para concluir, podemos deducir que se non damos controlado a expansión desta enfermidade, o mundo enteiro pode sufrir unha das peores crises dos últimos tempos.

Esta entrada foi publicada en Enfermidades, Materia CCMCO. Garda o enlace permanente.