Todos somos estrelas

Certos estudos afirman que as explosións causadas pola formación de supernovas cerca do sistema solar influiron en gran medida no desenvolvemento da vida.

Pódese orixinar unha supernova a partir dunha estrela masiva que xa non é capaz de levar a cabo  reaccións termonucleares no seu núcleo e que  non se sostén pola presión de dexeneración dos eletróns. Isto fai que se contraia repentinamente e xere unha forte emisión de enerxía. Tamén pode emerxer dunha anana branca que forme parte dun sistema binario e reciba suficiente masa da súa compañeira. Fusionándose así o seu núcleo e producindo unha explosión que libere todo o material que a formaba.

 


Estas explosións provocan a expulsión das capas externas da estrela enriquecendo o espazo que a rodea con elementos pesados. Os restos compoñen nubes de polvo e gas que poden formar nebulosas solares. Pasado un tempo, pode dar lugar a sistemas estelares, incluso con planetas.

Esta información fixo que uns científicos decidisen medir a cantidade de fósforo xerada por unha explosión dunha supernova. Unha vez obtida comparárona coa cantidade deste elemento noutros lugares da galaxia e observaron que era moito menor. Esto tamén sucede co carbono, nitróxeno, osíxeno e xofre que son os elementos esencias para a vida.

Expertos din que os átomos destes elementos, polos que estamos formados os humanos, foron orixinados pola explosión dunha supernova.  Estes atopábanse no interior das estrelas, onde se produciu a fusión dos protóns.

 

Finalmente, podemos ver as supernovas como clave para saber onde está a orixe da vida. Aínda que pareza increible, todos somos estamos formados por po de estrelas.

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Universo. Garda o enlace permanente.