A TERRA
Entre 1000 e 2000 millóns de anos o futuro da Terra virá determinado por diversos factores como o incremento de luminosidade provinte do Sol, perdida de enerxía e variacións bioquímicas. Tamén se incrementará a radiación solar a raíz de acumulación de helio no núcleo. Conlevara a perda de océanos e o aumento da temperatura debido ó efecto invernadoiro.
Período de crecemento do Sol
Fálase de que o Sol aínda esta en período de crecemento, cando alcance a idade adulta que será cando sexa Xigante Vermella, pero despois pasaría por outras fases. Cando se converta en adulta a temperatura e o tamaño aumentaría, levaríase todo o que teña por diante, é dicir, que os planetas desaparecerían.
Que é unha Xigante Vermella?
A Xigante Vermella é unha estrela de grande tamaño, emite luz vermella, debido á súa menor temperatura superficial (3000 °C-4000 °C).
As xigantes vermellas son o preludio da fase final da evolución das estrelas. Orixínanse cando unha estrela esgota todo o hidróxeno e no núcleo fusionase o helio e outros materiais máis pesados ó contraerse o núcleo. Durante a súa fase de xigante vermella as estrelas son inestables con contraccións e expansións até que expulsan as súas capas exteriores, as de maior tamaño de forma catastrófica nas xigantescas explosións (Supernovas).
A LÚA
Porque a Lúa non cae sobre a Terra?
A verdade é que a Lúa está caendo, pero de xeito continuo. Faino cunha velocidade de maneira que segue a traxectoria da Terra. Se lanzas un obxeto horizontalmente dependendo da velocidade chegara máis lonxe ou máis cerca, pero hai unha velocidade na que non cae, senón que se mantén seguindo a circunferencia da Terra. Unha vez que logra iso, poñerase en órbita. A súa velocidade xa é constante, dado que non hai unha forza externa que a cambie. Para que suceda isto, o obxecto ten que superar certa velocidade para poder manterse. É dicir, a traxectoria do obxecto sempre cae, pero non o fai xa que segue a circunferencia da Terra. Deste modo, mantense en órbita de forma constante.
A Lúa compórtase do mesmo xeito: esta continuamente caendo. A súa velocidade é tan grande que logra seguir a curvatura da Terra e polo tanto nunca cae de xeito de chocar con esta.
QUE PASARÍA SE A LÚA SE ALONXASE?
Hai millóns de anos, a Lúa estaba moito máis preto da Terra, talvez dez veces máis que agora. Hoxe coñecemos que a Lúa se afasta da Terra a razón de 3,8 cm por ano, sabémolo porque os astronautas e dúas naves rusas que conseguiron alcanzar a Lúa, deixaron cinco reflectores na superficie lunar. Dende a Terra, lanzamos un pulso láser cara a estes espellos que rebotan e volve á Terra. A precisión é de 1 milímetro, para un percorrido duns 800.000 km. A Lúa afástase porque se acelera na súa órbita, debido a efectos que provoca sobre os océanos terrestres.
O feito de que a Lúa se afaste traerá consecuencias á Terra.
Duración dos días
Pouco despois de crearse a Lúa, esta comezou a afastarse moi rapidamente da Terra, polas friccións xeradas polas inmensas mareas creadas pola propia Lúa e por este mesmo motivo, os días fanse cada vez máis longos. Toda a cuestión está nas mareas, que serven de freo á rotación da Terra.
Cando a Lúa estaba moi preto da Terra, os días duraban apenas 5 horas, pero a medida que se afastaba, os días alongáronse ata as 24 horas de hoxe. Pero seguirán alongándose ata que duren un mes e máis, ata que se fagan eternos e unha cara da Terra mire sempre ao Sol e a outra resultará estar sempre nas oscuridade.
ADEUS AS MAREAS
Outra consecuencia inevitable serán as mareas. Todos sabemos que a gravidade da Lúa atrae a auga de mares e océanos.
Co afastamento da Lúa, a forza da gravidade do noso satélite sobre a Terra cada vez será menor, e as mareas deixarán de existir. Os océanos e os mares converteranse en piscinas xigantes.
OSCILACIÓN DO EIXE TERRESTRE
Outro efecto relevante que levará toda a vida a unha evolución descoñecida polo momento, será a oscilación do eixe da Terra. A Lúa mantén o eixe da Terra estable, cunha inclinación de 23º. O feito de que a Lúa se afastase, desestabilizaría o eixe terrestre, de forma que oscilará 90 graos, provocando que en ocasións os polos baixen ata o ecuador e o ecuador ocupe a posición dos polos. A situación actual do eixe terrestre é vital, xa que estabiliza o clima. Cando o eixe comece a oscilar, a vida deberá acomodarse ou deixar de existir.
- Mundo sen Lúa.
- Documental sobre a Terra e Lúa.