Fillos das chemineas

Que é unha cheminea hidrotermal?

Unha cheminea hidrotermal é unha fisura na superficie  da codia continental ou oceánica na cal se emiten materiais acuosos quentes. As fontes hidrotermais xeralmente atópanse en lugares volcanicamente activos, que adoitan ser áreas nos que as placas tectónicas se están movendo.

Cando se descubriron?

Foron descubertas en 1960 no transcurso dunha investigación do fondo mariño. Pero non sería ata 1977 cando se descubriron as colonias de bacterias que habitan nelas, por un grupo de biólogos nun pequeno sumerxible. Nese mesmo ano Peter Lonsdale publicaría o primeiro tratado científico sobre as colonias bacterianas das chemineas.

Por que somos fillos das chemineas?

Porque según diversas teorías, por exemplo a de Günter Wächterwatch no interior das chemineas formaríanse aminoácidos, grazas aos compoñentes expulsados dende o interior da codia. Unha vez nas profundidades mariñas estes aminoácidos mezclaríanse con materias arxilosas formando asi péptidos e protocélulas. Esta teoría corrogorase debido a  presenza de metano (CH4) e amoníaco (NH3) nestas rexións e que na atmosfera primitiva non estivesen presentes.

Como é a vida nas chemineas actualmente?

Actualmente nestas chemineas podemos atopar bacterias quimiosintéticas, pero tamén outros organismos como crustáceos, moluscos, peixes, etc. Que forman unha cadea trófica con relacións entre depredadores e presas.

 


 

Esta entrada foi publicada en Materia CCMCO, Universo. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta