Partículas elementais
O modelo estándar de física de partículas é unha teoría que describe as relacións entre as interaccións fundamentais coñecidas e as partículas elementais que compoñen toda a materia.
Este modelo recoñece que os constituíntes básicos da materia son as partículas elementais, é dicir, que non están formadas por outras partículas máis pequenas nin se coñece estrutura interna.
Actualmente, as partículas elementais recoñecidas son os electróns, fermións (leptóns, quarks) e bosóns gauge.
Bosón de Higgs
O bosón de higgs, coma o seu propio nome indica, pertence aos bosóns. Estas partículas caracterízanse por:
- Ter un espín enteiro (0,1,2,3…)
- Non cumpren o principio de exclusión de Pauli e seguen a estadística de Bose-Einstein.
- A función de onda cuántica que describe sistemas de bosóns é simétrica respecto ao intercambio de partículas.
A segunda e terceira característica son consecuencia da primeira. Algúns bosóns, a pesar de comportarse como tales, están formados por outras partículas. Distínguense dos fermións en que estes presentan un espín semienteiro.
O bosón de Higgs é un dos bosóns de Gauge simples. Este bosón constitúe o cuanto do campo de Higgs, a menor excitación posible deste campo. Non posúe espín, carga eléctrica ou cor, é moi inestable e desintégrase rapidamente, a súa vida media é duns zeptosegundos. Poden existir incluso varios bosóns de Higgs.
O CERN
O CERN é o maior laboratorio de investigación en física de partículas no ámbito mundial. Nel atópanse diversos aceleradores de partículas.
Un acelerador de partículas é un dispositivo que utiliza campos electromagnéticos que se encargan de realizar a aceleración de partículas cargadas até altas velocidades, e desta maneira, chocalas con outras partículas. Mediante este procedemento xéranse multitude de novas partículas que polo xeral son moi inestables e duran menos dun segundo, ou ben, permite estudar máis a fondo as partículas que foron chocadas por medio das que foron xeradas. Hai dous tipos básicos de aceleradores de partículas: os lineais e os circulares. Un exemplo é un tubo de raios catódicos dun televisor, o cal é unha forma simple de acelerador de partículas.
Parécenos moi interesante porque permitenos coñecer as partículas microscópicas que forman a materia. Así mesmo, está expresado dunha forma moi clara e precisa que facilita a comprensión para lectores de calquera nivel.
Noraboa polo traballo!
Espectacular síntese de ideas por parte do grupo 21A. O bosón de Higgs é un tema difícil para lectores non entendidos, polo que débese loar a capacidade do grupo 21A para transmitilo dun xeito tan sinxelo. A nosa máis sincera noraboa.