1-As bases do experimento.
O bioquímico ruso, Alexander Oparin e o bioquímico inglés John B.S. Haldane, por separado e en diferentes anos (1924 Oparin y 1928 Haldane) propuxeron a teoría que nos explica a orixe e evolución das primeras células a partir da materia orgánica do medio acuático, producto da síntese abiótica dos compostos presentes na atmosfera secundaria da Terra e por acción de distintas fontes de enerxía.
A acción dos diferentes tipos de enerxía provocou que, a partir da materia da atmosfera secundaria se sintetizaran abióticamente (procesos físico-químicos) no medio acuático, moléculas sinxelas ou monómeros de compostos orgánicos (aminoácidos, monosacáridos, ácidos graxos e bases nitroxenadas) cuxa concentracción nos mares formou a “sopa primitiva“.
Estas subunidades estruturaron por polimerización as macromoléculas orgánicas: os monosacáridos crearon os carbohidratos, éstes xunto coas bases nitroxenadas fixeron os nucleótidos; os ácidos grasos formaron os lípidos, finalmente os aminoácidos crearon os polipéptidos e as proteínas. Ao incrementarse a súa produción os compostos orgánicos acumuláronse en forma acelerada nesta sopa; a concentracción que houbo en zonas pouco profundas tivo como consecuencia a formación de moléculas coloidais dun maior tamaño e á súa vez dunha estructura complexa, compostas de mesturas de proteínas, carbohidratos e algunha molécula precursora dos ácidos nucleicos.
2-O experimento
Baseándose no experimento de Oparin e Haldane, o científico estadounidense Stanley Miller levou a cabo un experimento coa axuda doutro científico etadounidense, Harold Urey no cal realizou unha simulación das condicións da Terra primitiva, e a partir de gases sinxelos obtiveron moléculas orgánicas como aminoácidos ou azucres. Dito experimento levarono a cabo na universidade de Chicago, no ano 1952, e foi publicado en 1953.
Stanley Miller
2.1-Elaboración do experimento
No experimento usouse auga , metano, amoníaco, e hidróxeno. Estas substancias químicas foron introducidas dentro dun conxunto de tubos e matraces de cristal conectados entre si nun circuíto cerrado. O punto inicial do circuito era un recipiente con auga posta a ferver.
Así, o vapor formado desprazábase arrastrando os compoñentes que se atopaban ao longo dos condutos. Nun recipiente de vidro, introduciu os gases que, segundo Oparin, formaban a atmosfera.
Someteu eses gases a descargas eléctricas facéndoos pasar despois por un tubo frío para que condensasen, recolléndoos nun recipiente que representaba a “sopa primitiva”.
Ao cabo dunha semana había xa aminoácidos e outros compostos orgánicos sinxelos nese “océano primitivo”.
Na época de Miller tamén se publicaron outros experimentos relacionados coa orixe da vida, pero non tan completos nin con tanta fama. O famoso experimento de Stanley Miller, incentivou a outros bioquímicos como Joan Oró que en 1961 atopou que a base nitroxenada adenina podía obterse a partir de cianuro de hidróxeno e amoníaco en solución acuosa.